Arquivos da etiqueta: Rafael Cuíña
Centos de persoas despiden Neira Vilas
Desde Sermos Galiza:
 Sermos Galiza:
“A igrexa de Gres, en Vila de Cruces, ficou pequena para acoller na tarde do sábado o funeral do escritor Xosé Neira Vilas, que finou a pasada sexta feira aos 87 anos de idade.
O féretro do autor de Memorias dun neno labrego foi recibido con sentidos aplausos na tarde do sábado no exterior da igrexa de Gres, onde comezaba a soar o Himno nacional. O crego que oficiou o funeral destacou de Neira Vilas o seu “corazón cheo de xenerosidade”. “Quería que os nenos e nenas como Balbino tivesen unha vida digna”. “Imos seguir convivindo con el porque a súa pegada é moi forte”, engadiu o párroco, quen subliñou que o escritor sempre foi fiel ás súas raíces, “nunca estivo tranquilo até que regresou”.
Participou no acto unha nutrida representación do mundo da política e da cultura. Entre moitas outras persoas atopábanse o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence; a deputada do BNG e candidata de Nós, Candidatura Galega, Carme Adán; o ex alcalde de Boimorto e candidato de Nós, Xosé Luís Rivas “Mini”; o alcalde de Lalín, Rafa Cuíña; o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane; o escritor e candidato de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello; o actor Cándido Pazó ou o editor Víctor Freixanes.”
Lalín: presentación de Vapor, de Lea Tobery (Pere Tobaruela)
O venres 25 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Vagalume (Rúa D, 20) de Lalín, preséntase Vapor, de Lea Tobery (heterónimo de Pere Tobaruela), publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Rafael Cuíña.
 venres 25 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Vagalume (Rúa D, 20) de Lalín, preséntase Vapor, de Lea Tobery (heterónimo de Pere Tobaruela), publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Rafael Cuíña.
 
							

