Lalín: Xosé Duncan presenta As Crónicas de Bran e Hostal Norte

OXosé Duncan venres 13 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Vagalume de Lalín (Rúa B, 20, baixo) Xosé Duncan presenta a súa triloxía de As Crónicas de Bran e Hostal Norte, publicadas por Urco Editora. No acto, xunto ao autor, participa David Cortizo.

Lalín: presentación de Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga

OXabier Quiroga xoves 16 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do IES Laxeiro de Lalín, preséntase Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga, publicada en Xerais. No acto, en que colabora a Libraría Vagalume de Lalín, participan, xunto ao autor, Uxío Grande, Celso Fernández Sanmartín e Manuel Bragado.

Lalín: presentación de Penúltimas tendencias, de Carlos Negro

O xoves 8 de maio, ás 20:00 horas, na Libraría Vagalume (Rúa D, 20) de Lalín, preséntase Penúltimas tendencias, de Carlos Negro, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Gracia Santorum e Fran Alonso.