Arquivos da etiqueta: Raíñas do meu xardín
Xosé Manuel G. Trigo: “O lector tradicional está agora nas series de televisión”
Entrevista a Xosé Manuel G. Trigo en Faro de Vigo:
“(…) – Faro de Vigo (FdV): Que se atoparán os lectores na súa novela [Raíñas no meu xardín]?
– Xosé Manuel G. Trigo (XMGT): Agora que podo obxectivizala un pouco me parece un manual de ensoñanzas. Colle unha dirección distinta aos xéneros máis en circulación neste momento, como a novela negra, a erótica, a romántica e a templaria. É un libro de ensoñación no que predominan os efectos imaxinativos e a vontade de crear un libro de culto á propia persoa. Pero mantén unha dialéctica coas asperezas e adversidades do mundo deste momento, como pode ser o estado da economía ou a fronteira que temos entre un mundo que parece que vai morrer, pero non acaba de facelo, e outro que parece que vai nacer. (…)
– FdV: Hai lectores en galego suficientes para tanta produción?
– XMGT: Ás veces se publica demasiado. Hai xente que publica todo o que escribe. A afirmación de que o lector morreu paréceme esaxerada, pero é certo que hoxe o lector convencional está nas series televisivas. É un consumidor voraz de historias e hai que recoñecer que as mellores historias as elaboran os equipos de guionistas cada vez con máis talento. As series merecen, como xénero narrativo, un crédito e moitas delas son moi plausibles, hai verdadeiras obras de arte e quizais houbo un desvío do consumo narrativo literario. Descende tamén a formación do lector. O sistema educativo non produce lectores.”
Moaña: presentación de Raíñas do meu xardín, de Xosé Manuel G. Trigo
O mércores 1 de outubro, ás 20:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Moaña, preséntase Raíñas do meu xardín, de Xosé Manuel G. Trigo, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Xosé María Álvarez Cáccamo, Víctor F. Freixanes e José Fervenza Costas.