O martes 10 de novembro, ás 19:00 horas, no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo (Biblioteca Pública Central. Rúa Joaquín Yáñez, 6 – 2º andar), Margarita Ledo Andión presenta A cicatriz branca, DVD con subtítulos e textos de José Manuel Sande, Pilar Cagiao, Eva Veiga, Margarita Fernández, Mónica Camaño, Renata Otero, Xoana Pintos, Ramiro Ledo e Abe Rábade, publicado por Galaxia.
Arquivos da etiqueta: Ramiro Ledo
Compostela: Pablo Cayuela + Xoán Viñas e Ramiro Ledo no ciclo Escrita(s) 2014
O venres 24 de outubro, entre as 19:00 e as 22:00 horas, en Almáci(gas) (Travesa de Basquiños, 14) de Santiago de Compostela, terán lugar as dúas últimas conferencias no ciclo Escrita(s) 2014, baixo o título Pode falar o subalterno ou certo grao de cólera contra a narrativización imperialista da historia, dirixido por Claudio Pato.
Nesta ocasión, Pablo Cayuela e Xoán Viñas falarán sobre O Pasatempo. Leccións de cousas, e Ramiro Ledo sobre Nunca máis.
A SCD do Condado demanda apoio social para o Festival da Poesía
Desde Sermos Galiza:
““Nom queremos renunciar às exposiçons, nim ao comboio de baixa velocidade, nim à música, nim à poesia, nim ao bar, nim a projectar as curtas do Festival de Cans, nim aos passa-ruas, nim à festa infantil” din desde a organización do máis antigo encontro poético do país para explicar que desta volta recorresen á plataforma verkami para acadar o seu financiamento.
Escollen a Desobediência como tema do Festival como un berro contra os recortes, contra os roubos que lle tiran ás persoas para sufragar os bancos, contra as decisións que abandonan a cultura de base para alimentar proxectos como a Cidade da Cultura.
A SCD do Condado chega neste 2013 ao seu corenta aniversario, entidade que, desde o 1981 leva organizando o Festival da Poesía, vinte e seis edicións dunha festa de poesía que é xa referencia pola súa longa historia. Desde sempre, o proxecto foi autofinanciado, botando man de cotas de socios, vendas ou algún pequeno subsidio, partidas que a crise mermou de maneira notábel, o que obriga agora a recorrer a que xente de fóra faga as súas aportacións para que o Festival continúe.
Para alén da música, o programa do Festival de Poesía inclúe actuacións de Mónica de Nut e Virxilio da Silva, O som da triga, Banda Hospitaleira do Minho, Sacha na Horta ou unha feira popular cultural e actividades infantís en dous días cheos de cultura. Persoas do mundo da cultura como Chus Pato, Brais González, Ramiro Ledo ou Samuel Solleiro apoian a través das redes o Festival de Poesía.
A Coruña: Ciclo Escrita(s), en Sargadelos
A Galería Sargadelos (Rúa Real, 56) da Coruña, retoma o Ciclo Escrita(s), que baixo o título Alteridades dun secreto a voces, recolle a experiencia que coa(s) escrita(s) manteñen varios autores, tratando de atravesar a partir das diferentes liñas de universo dos/das conferenciantes/conferenciantas a proliferación das inscricións que fan con nós comunidade. O programa destas charlas, todas elas ás 20:00 horas, é o seguinte -pódese descargar tamén aquí: Sargadelos 2012 Escrita(s)-:
– Sábado 21 de abril: Óscar Rodriguez de Dios, Telegrafías. Tentativas para tropezar con outros.
– Xoves 26 de abril: Abraham Rubín, Deconstrución e outro. unha fantoloxía do acontecemento.
– Venres 4 de maio: Beatriz Blanco, Restos da(s) lingua(s): a escrita como síntoma.
– Venres 11 de maio: Ramiro Ledo, Reciclar a carraxe.
– Venres 25 de maio: Clara Gayo, Sempre que penso no medo, me ataca o amor.
– Venres 8 de xuño: Marta Pérez Pereiro, Errantes e místicas. Andar sen rumbo no cinema contemporáneo.
– Venres 15 de xuño: Miguel Mosqueira, A xentileza da desesperación.
– Venres 22 de xuño: Delmiro Rochá, A escritura poética ou a douta ignorancia.