Desde Nós Diario:
“A Xunta da Galiza acordou conceder as Medallas Castelao 2025 a Luar na Lubre, que este ano conmemora o seu 40 anoversario; Víctor Freixanes, ex presidente da Real Academia Galego; Emilio Pérez, presidente do grupo Pérez Rumbao; Rosa Rodríguez, médica xubilada de Atencion Primaria e a Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Lateral Amiotrófica.
A Medalla Castelao é unha condecoración de carácter civil que concede a Xunta da Galiza e que “recoñece a achega profesional e persoal de personalidades ou institucións polo seu traballo no ámbito artístico, literario, intelectual ou en calquera campo significativo para a Galiza”.
Este galardón entrégase cada ano o 28 de xuño, para conmemorar a chegada á Galiza dos restos de Daniel Rodríguez Castelao. (…)”