O domingo 10 de agosto remata a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados nese día:
– 12:00 h. Sinatura de libros de Miguel Ángel Alonso na caseta de Libraría Pedreira.
– 12:30 h. Actividade infantil. O soño de Esther. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz. Actividade promovida por Nova Galicia Edicións.
– 13:00 h. A editorial Contos Estraños presenta: Segunda Era. Antoloxía de relatos fantásticos de autores galegos. Participarán no acto varios dos autores da antoloxía e os editores Fernando M. Cimadevila e Tomás González Ahola.
– 18:30 h. Xurxo Souto asina exemplares das súas obras na caseta de 7 Mares Libros.
– 20:00 h. Lemos, cantamos, gozamos. II Semana da música infantil da Coruña. Brinca vai!, con Paco Nogueiras.
– 20:00 h. Recital de poetas coruñesas.