Marilar Aleixandre preséntanos o seu poemario ‘Terra baixo as uñas’

Entrevista de Pilar G. Rego a Marilar Aleixandre no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Marilar Aleixandre escribe: “Procurarei a miña voz/escaravellando na terra coas mans/esculcando/por baixo das uñas”. Neste libro, a autora realiza un exercicio de escavación que desenterra historias, exhuma corpos, recupera nomes. O poemario dialoga coa súa obra anterior As bocas cosidas, un proxecto literario chantado na memoria histórica. A entrevista pode verse aquí.”

Siro: caricatura, humor e arte para deformar a realidade

Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Siro, o caricaturista, pintor e teórico da arte, vén de publicar dous libros no mes de maio, e catro o ano pasado. Neles reflexiona sobre a historia da caricatura, o humor no Quixote ou como Castelao formou parte da vangarda gráfica europea. (…)”

Esther Carrodeguas vén falarnos de #Camiños, a nova montaxe de ButacaZero

Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Propostas que xa están aquí, outras que veñen polo camiño, e nunca mellor dito porque #Camiños é precisamento o título da nova montaxe de ButacaZero en coprodución co Centro Dramático Galego. Vai permanecer no Salón Teatro ata o domingo 28 de xaneiro. Para falarmos desta montaxe e dos seus últimos traballos convidamos a Esther Carrodeguas. Pode verse aquí.”

Un libro recolle referencias históricas e actuais de 90 escritores sobre o Pico Sacro

Desde a Televisión de Galicia:
“Seguro que moitos de vostedes coñecen o Pico Sacro, un monte lendario situado en Lestedo, moi preto de Compostela… Xa se ten escrito moito sobre a súa historia, pero agora un libro recolle historias, textos, poemas, todo tipo de referencias, tanto de escritores clásicos galegos coma actuais… Pico Sacro, ferido polo lóstrego e a lenda é de lectura obrigada porque representa unha parte indispensable da historia de Galicia… A nova pode verse aquí.”