Desde o Museo Provincial de Lugo:
“O pazo das musas, nº 39, terá lugar o xoves, 24 de setembro de 2015, ás 20:00 horas, no Museo Provincial de Lugo. Será un monográfico dedicado ao 140 aniversario da chegada do tren a Lugo.
Era o 5 de outubro, o convoi viña desde A Coruña (non se inaugurara a Ponte da Chanca), pero aínda así aquel día foi festa en Lugo por partida dobre: santo patrón e apertura dun camiño de ferro para activar o comercio local.
Contamos coa axuda do historiador Xosé R. Veiga, do xornalista e escritor Xesús Fraga, do pintor de trens e estacións, entre outros temas, Xoán Guerreiro, e coas narracións e sucedidos de Lois Pérez. O músico Vadzim Yukhnevich vai ambientar os escenarios do tren, os sons das máquinas, o “chucu chucu chu” do tren.
Ademais, nestas datas e ata o próximo día 12 de outubro pódese ver na sala de exposicións do Museo Provincial de Lugo unha exposición de xoguetes doutras épocas, nas que os trens son os protagonistas.”