Nos próximos días chegará ás librerías galegas o novo libro de Xelís de Toro, Riofero, editado por Xerais. O escritor compostelán vén de abrir unha páxina web na que podemos escoitar algúns fragmentos da novela e cancións vencelladas ao texto e descargar o primeiro capítulo en PDF. Xelís de Toro creou tamén un blog onde “poder publicar, falar e discutir de temas que agromen a partir dos temas do libro, ou mesmo o tema da literatura e que non se encontren noutros lugares”. Neste vídeo colgado en YouTube Xelís de Toro fala do seu libro e das razóns polas que se decidiu a crear o seu propio espazo na rede:
Arquivos da etiqueta: Xelís de Toro
Compostela: “Tardes coas aventuras de Paco Peco”
“Paco Peco Pequeneiro e o mundo do revés”, segundo título da colección, escrito por Xelís de Toro, e publicado por Sotelo Blanco Edicións, centra este venres e sábado as dúas sesións de “Tardes coas aventuras de Paco Peco”, campaña lúdico-didáctica que se celebrará en Area Central ata o vindeiro 29 de novembro.
Xelís de Toro presenta “Terminal” en Inglaterra
«Xelís de Toro e o seu grupo artístico Rough Company presentan o mércores [8 de agosto] na galería Fabrica, da cidade británica de Brighton, a súa instalación-performance Terminal. A montaxe multimedia está baseada no libro do mesmo título publicado en 1994 en Edicións Positivas. A peza estreouse hai doce anos na Universidade de Oxford, nun encontro artístico en Bélxica e na compostelá Sala Nasa.» (Vieiros: Galiza Hoxe)