Arquivos da etiqueta: Xoán López
Nigrán: acto poético-musical nos 60 anos da publicación de Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro
A Coruña: resolución do XX Premio de Creación Literaria e Ensaio e recital, con María Reimóndez
O programa é o seguinte:
– Intervención da Vicerreitora de Estudantes (María José Martínez), o Vicedecano de Filoloxía (Xoán López) e a presidenta do xurado do premio (María Reimóndez).
– Presentación do libro _XX In_éditos_, edición conmemorativa do XX aniversario do Premio de Creación Literaria e Ensaio da Facultade de Filoloxía, con vinte textos inéditos de diferentes autores que participaron como xurado nas vinte edicións do Premio.
– Resolución do premio.
– Recital de fragmentos dos textos gañadores.
– Cerra o acto María Reimóndez coa lectura do texto inédito que cedeu para o libro _XX In_éditos_.