Arquivos da etiqueta: Xosé Carlos Beiró Piñeiro
Anxo Angueira presidirá a Fundación Rosalía de Castro
“Anxo Angueira é o novo presidente da Fundación Rosalía de Castro. O padroado da Fundación reuniuse o pasado venres 1 de xuño para escoller o novo presidente e a nova comisión executiva. Angueira chega á presidencia cunha listaxe de consenso. O escritor e poeta propuxo un programa de goberno para os próximos anos que salienta o fomento dos vínculos da entidade co Concello, con outras institucións e coa realidade do pobo de Padrón. (…) A nova comisión executiva, co escritor á cabeza, está integrada por Luz Pozo Garza, vicepresidenta da Fundación e académica de número; Xosé Carlos Beiró Piñeiro, secretario; Justo Cortizo Sóñora, tesoureiro e cinco vocais: Xesús Alonso Montero, presidente do Centro de Estudos Rosalianos e académico de número; Ana Blanco, presidenta en funcións ata a votación; María do Carme Kruckenberg, escritora e ensaísta; Xosé Luís Axeitos Agrelo, secretario da Real Academia Galega; e Dolores Vilavedra, profesora e crítica literaria.” Vía Fervenzas Literarias.