O mércores 17 de decembro, ás 20:00 horas, na Librería Biblos (Rúa Salvador de Madariaga, 1, Local 4) de Lugo, preséntase o libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, do Instituto de Estudos das Identidades en edición de Manuel Blanco Desar, publicado en Xerais. No acto participan Xosé Ramón Gómez Besteiro, Xosé Manuel González Reboredo, Manuel Bragado e o editor do mesmo, Manuel Blanco Desar.