O 30 de abril, ás 19:00 horas, terá lugar no Museo do Pobo Galego esta conversa con Xosé Manuel González Reboredo e Clodio González Pérez para afondar nas festa dos Maios e outras celebracións da época en Galicia.
Arquivos da etiqueta: Xosé Manuel González Reboredo
Compostela: conversa A festa dos Maios e outras celebracións da época en Galicia, con Xosé Manuel González Reboredo e Clodio González Pérez

O 30 de abril, ás 19:00 horas, terá lugar no Museo do Pobo Galego esta conversa con Xosé Manuel González Reboredo e Clodio González Pérez para afondar nas festa dos Maios e outras celebracións da época en Galicia.
Os Premios da Cultura Galega 2024 recaen en Manuel Lourenzo, Xosé María Pérez Barro, Marta Pazos, Joaquín Martínez, Ficción Producións, Julia Díaz, Xosé Manuel González e o Real Club Celta de Vigo

Desde a Xunta de Galicia:
“O xurado dos Premios da Cultura Galega 2024 reuniuse en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.
Ao remate da mesma, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas:
– Letras. Manuel Lourenzo.
– Artes Visuais. Xosé María Pérez Barro.
– Artes Escénicas. Marta Pazos.
– Música. Joaquín Martínez.
– Audiovisual. Ficción Producións.
– Lingua. Julia Díaz.
– Patrimonio Cultural. Xosé Manuel González.
– Proxección exterior. Real Club Celta de Vigo.
Do xurado tamén formaron parte o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a directora xeral de Igualdade, María Quintiana; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; Henrique Monteagudo, académico numerario, en representación da Real Academia Galega; Xosé Manuel Núñez Seixas, vicepresidente do Consello da Cultura Galega; Maximino Zumalave, académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes; así como profesionais de recoñecido prestixio, como Kirenia Martínez Acosta, xestora cultural, bailarina e coreógrafa; Lucía Carballeda Suárez, historiadora da arte e galerista; e Anxo Angueira Viturro, presidente da Fundación Rosalía de Castro.”




