É capital de Portugal, já foi Capital Europeia da Cultura e, agora, concorre para ser a próxima Capital Mundial do Livro, em 2012. Até 31 de Março, a cidade de Lisboa irá apresentar a sua candidatura à UNESCO (Organização das Nações Unidas para a Educação, Ciência e Cultura), tendo por base um programa de actividades associadas à promoção do livro e da leitura. [Ler noticia completa en Público]
Arquivos mensuais: Xaneiro 2010
O Facho convoca un concurso de teatro infantil
Assumindo como próprias as palavras de Juan Ramón Jiménez quando afirmava que “Teatro infantil é aquele que também lhe gosta aos nenos”, a Junta Directiva da Associaçom Cultural O FACHO acordou convocar de novo o Concurso de Teatro Infantil, que, nesta nova etapa, se regerá polas seguintes bases: DOC, 83 KB
A AELG apoia o paro xeral no ensino do vindeiro xoves 21 de xaneiro
Perante as medidas involucionistas que o actual goberno da Xunta de Galiza vén pondo en marcha cara á lingua galega, idioma propio e oficial do noso país, creado senlleiramente pola sociedade galega ao longo da súa xa milenaria historia, que está a materializarse, por unha banda, na anulación de dereitos legais de recoñecemento administrativo da súa competencia e uso e, por outra, na forzada involución no proceso normalizador da súa aprendizaxe dentro do ámbito educativo, ignorando voces e argumentos dos especialistas da educación, da pedagoxía e dos profesionais do ensino, a AELG fai un chamamento á comunidade educativa galega, ao igual que os máis de 600 colectivos que constitúen a plataforma Queremos Galego, a apoiar o paro xeral no ensino do vindeiro xoves 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo contra o galego.
Subscribimos, máis unha vez, os pronunciamentos anteriores públicos realizados pola AELG en relación á lingua de noso, ferramenta clave e nuclear da creación literaria, sexa ficcional ou non, na medida en que, desde a autoridade educativa e no exercicio das súas competencias e responsabilidades gobernativas, é preciso asegurar a competencia en lingua galega dos nenos e nenas desde a escola, como garante do desenvolvemento das habilidades lingüísticas que doten a infancia e a mocidade das destrezas básicas: comprender, falar, ler e escribir. Porque só desde o coñecemento amplo e sen prexuízos é posíbel entender un mundo habitado e pensado desde a biodiversidade real, lingüística e cultural, que debe medrar necesariamente desde o manexo das claves do respecto interpersoal.
A AELG convida aos escritores e escritoras a divulgar e facer pública a súa adhesión persoal a este pronunciamento colectivo nos diversos foros de comunicación en que como tal participa e asistir, na medida das súas posibilidades, á manifestación convocada na Alameda, en Santiago de Compostela, o día 21 de xaneiro, ás 11:30h.
Fervenzas Literarias premia o mellor do ano
Fervenzas Literarias elaborou un ano máis grazas aos votos dos seus lectores unha listaxe do “mellor de 2009” na literatura galega en diferentes categorías. Estes son os resultados:
Mellor libro narrativa para adultos: Monte Louro de Luís Rei Núñez (Xerais)
Mellor libro de poesía para adultos: Deter o día cunha flor de Luz Pozo (Baía Edicións)
Mellor libro de ensaio para adultos: Memorias dun ninguén de Carlos Mella (Galaxia)
Mellor libro de literatura dramática: Valentino Rufini e Akil Pillabán de viaxe a Milán de Roberto Salgueiro (Baía)
Mellor libro para adultos traducido ao galego: Sete casas en Francia de Bernardo Atxaga (Factoría K)
Mellor libro xuvenil: Ás de bolboreta de Rosa Aneiros (Xerais)
Mellor libro infantil: Chamádeme Simbad de Francisco Castro (Galaxia)
Mellor libro xuvenil/infantil traducido ao galego: O derradeiro irmán de Natacha Appanah (Xerais)
Autor/a do ano: Domingo Villar
Ilustrador/a do ano: David Pintor
Mellor portada adultos: Sol de inverno (Xerais)
Mellor portada xuvenil/infantil: A dama da luz (Xerais)
Mellor editorial: Xerais
Mellor crítico/a literario: Ramón Nicolás
Mellor iniciativa literaria: Achegarte (A Coruña)
O mellor acontecido no 2009: Manuel Rivas ingresa na RAG
O peor acontecido no 2009: A política lingüística da Xunta
Mellor libraría: Arenas (A Coruña)
Mellor medio de comunicación: Diario Cultural (Radio Galega)
Mellor blog: Brétemas
VI Premio de Creación Literaria Biblos-Pazos de Galicia
BIBLOS CLUBE DE LECTORES, S.L., co propósito de contribuír ao achegamento e a participación das mozas e mozos na cultura galega, e de descubrir aqueles creadores máis novos que poidan ter unha obra de interese necesitada de apoio para a elaboración final e a súa proxección pública, convoca o 6º PREMIO DE CREACIÓN LITERARIA BIBLOS-PAZOS DE GALICIA PARA MOZAS E MOZOS, co copatrocinio de Pazos de Galicia. Bases: DOC, 26 KB.
A Coruña: homenaxe a Xesús Alonso Montero
A Directiva da Agrupaçom O Facho acordou outorgar o premio O Facho de Ouro ao profesor Xesús Alonso Montero, “como testemunha e reconhecimento a sua longa trajectória na defesa da dignidade e da cultura do País”. O acto cívico estará acompañado dunha cea homenaxe que se celebrará o sábado día 30 de xaneiro ás 21 horas no Hotel Riazor da Coruña. O prezo por persoa é de 30 €. Para reservar lugar, chamar ao teléfono 981 269 663 (tardes) ou enviar un correo electrónico.
A Real Academia Galega presenta o seu informe sobre as bases do “Decreto do plurilingüismo”
“É certo que o actual goberno levou no seu programa electoral a derrogación do Decreto 124/2007 pero nestas Bases non só non se xustifica suficientemente a necesidade xurídica nin pedagóxica de tal derrogación senón que os puntos fortes do proxecto de Decreto parecen de legalidade dubidosa; outros artigos introducirían nos Centros malestar, sufrimento ou desorde e iso é o contrario do que debe perseguir calquera ordenamento xurídico; outros son tan dificilmente aplicables que previsiblemente impedirían iniciar a implantación deste Decreto en setembro de 2010; e o 33% de linguas estranxeiras precisará quizais varias lexislaturas. O camiño debe ser outro. A Real Academia Galega xa pediu no 2002 unha actualización da Lei de Normalización Lingüística para axeitala ás realidades novas nas que hoxe vive a lingua e para incorporarlle a doutrina do Tribunal Constitucional posterior a 1983 e mailos compromisos asinados por España na Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias 11. Estas Bases póñenlle ao galego un límite no 33%: iso non é o centro de gravidade nin corrixe a histórica desigualdade co castelán de que fala a Tribunal Constitucional. Polo tanto non procede darlles o Prace desta Academia…”
A Real Academia Galega acaba de presentar o seu informe sobre o borrador de decreto de educación. Recomendámosvos a súa lectura: PDF, 104 KB
A Coruña: Lourenzo Fernández Prieto presenta o seu novo libro
O próximo mércores 20 de xaneiro ás oito do serán preséntase na sala de prensa da Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, 21-24) o libro Facendo Historia con memoria de Lourenzo Fernández Prieto. No acto intervirán Ernesto Sánchez Pombo –xornalista–, Manolo Martínez Barreiro –analista político e autor do limiar–, X. Amancio Liñares Giraut –director editorial de 3C3– e o propio autor.
Culleredo: presentación dun libro de Luz Campello
O vindeiro mercores 20 de xaneiro ás 20 horas na biblioteca “Uxío Novoneyra”
de Vilamelania-Vilaboa preséntase o libro Do corazón da terra de Luz Campello, veciña de Culleredo. Estará acompañada do seu editor, Alfonso Blanco Torrado, e polo concelleiro de cultura de Culleredo, Celestino Poza.
Recordatorio: encontro con Fina Casalderrey
