Vigo: presentación de Xoguetes do tempo, de Xosé Luís Franco Grande

OXosé Luís Franco Grande xoves 21 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), Xosé Luís Franco Grande presenta o seu poemario Xoguetes do tempo, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Xesús Alonso Montero e Víctor F. Freixanes.

Vilaboa, Culleredo: tertulia arredor de Culleredo na Idade Media, con Carlos Pereira

O Carlos Pereiramércores 20 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Biblioteca Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa (Culleredo), terá lugar unha tertulia de historia a cargo de Carlos Pereira Martínez, baixo o título de Culleredo na Idade Media. A entrada será libre para o público interesado.

Funambulistas, de Mercedes Leobalde, por Eli Ríos

DesdeEli Ríos A Sega:
“Hai xa tempo que quería desmiuzar un chisco Funambulistas, de Mercedes Leobalde, porque me impresionou a súa lectura, pero había algo que me inquietaba e non tiña moi claro qué era. Así que, como os bos viños, deixei repousar o tema ata que chegase o momento. E chegou. Chegou en forma de conversa sobre unha técnica escultórica: a da cera perdida. Esa era a chave que me faltaba para comprender este conxunto de 25 relatos.
Concordo con todo o que se leva escrito sobre Funambulistas: Relatos curtos (algúns relacionados entre eles) sobre a fraxilidade contemporánea cunha prosa sintética, divertida e que emprega unha diversidade de voces.
Concordo. Si, pero… Sempre hai un pero… A construción que a autora moldea en cada texto ten un baleiro fóra da estrutura que procura a interacción directa coa persoa que le. Hai, incluso, relatos como “Cúmulos” nos que o protagonista será devorado polos tiburóns dependendo de quen estea no outro lado da páxina.
Así, aos poucos, a autora deliña maxistralmente a forma coas palabras. Constrúe ese formato de libro e relato que nos permite ver un obxecto cunha prosa sintética e divertida. Esa que contén os baleiros que nós, como lectoras, enchemos de forma natural para levar o que nos conta ao noso terreo, ao dos afectos, os odios ou as incomprensións. Xusto alí, nese punto, no que facemos nosos os relatos. Como quen moldea un vaso ou unha pota na olaría e, logo, retira a cera do seu interior para que sexamos nós mesmas, no proceso de lectura, as que decidamos que poñerlle dentro. (…)”