Desde Cultura Galega:
“A crise económica tamén condiciona a creación. Cando menos iso é o que se desprende dos especialistas consultados nas áreas da literatura, a banda deseñada e a música. Nuns casos a pegada é positiva e noutra negativa, e mentres nas letras leva a unha visión máis conservadora, na música convida a que os artistas se impliquen máis nos procesos de control das súas obras, entre outras cuestións.
A nivel literario, o ano non achegou grandes novidades, e a crise deixouse sentir tamén na creación. Cando menos, así o sinala Dolores Vilavedra, crítica literaria e profesora de Filoloxía na Universidade de Santiago. “Semella que a literatura se contaxiou un pouco dunha certa perda de pulo que está a se ver tamén na sociedade. Faltaron novidades entusiasmantes, e estamos moi necesitados delas. É algo que nos volta a confianza na literatura e nas nosas posibilidades creativas”. Non é, no entanto, que non se producisen obras de valía, ou que non houbese lanzamentos, especialmente no campo da tradución, de importancia. “Houbo textos dignos de recibir unha acollida mais entusiasta, como a tradución de Murakami ou de Salma. Son esforzos notables que pasaron desapercibidos”. Apontalouse tamén neste período a certa crise que está a vivir a edición de poesía. “Houbo unha redución, tamén por cuestións económicas, e é o xénero que sempre sae máis prexudicado. En xeral os editores están con políticas restritivas, con apostas moi selectivas, e esa perda de entusiasmo afecta tamén aos creadores, que arriscan menos”. O ensaio é quizás, e a continuar tendencias de anos anteriores, o xénero que máis está a destacar. “Xa levamos uns anos moi bos, está a pasar o que tiña que pasar e abandonamos aquela especie de reciclaxe de investigación para facer ensaio puro, e estase a ver que é un xénero que, na medida no que se desenvolve apoiado na actualidade, ten éxito”. Finalmente, Vilavedra recoñece o traballo da editoras independentes á hora de anovar no panorama literario. “Ao non aspirar a grandes beneficios están menos pendentes do mercado e fan cousas moi interesantes, aínda que penso que hai de máis. Pero vese que algunhas consolidan unha liña e non publican ao chou, hai casos moi interesantes como o de Estaleiro ou o que publica Kalandraka en narrativa”. (…)”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Agustín Fernández Paz incorpórase á Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
“O
escritor lucense Agustín Fernández Paz e a bonaerense Ema Wolf foron as últimas incorporacións da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes ó seu portal de Literatura Infantil e Xuvenil. Dirixido por Branca-Ana Roig Rechou e María Isabel Soto López –da Universidade de Santiago de Compostela–, o portal que a Biblioteca Virtual dedica a Fernández Paz recolle fragmentos das súas obras máis importantes, algúns estudos sobre a súa obra e un completo álbum gráfico. (…)” Vía Galicia Hoxe.
Noia: conferencia de César Cunqueiro sobre a obra do seu pai, Álvaro Cunqueiro
Ferrol: presentación de Xaime Quintanilla Martínez, de Carlos Pereira e Ana Romero
O
venres 13 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, nº 30-32) de Ferrol, preséntase o libro Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, de Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez, Premio Luís Tilve de Investigación e Divulgación Histórica 2011. No acto participan Cesáreo Fraga García, Xesús Mosquera Sueiro e os autores.
Moaña: presentación de Sangue no ollo, de Juan Parcero
O
venres 13 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Café Teatro Gabana (Rúa Méndez Núñez, 24, O Real) de Moaña, preséntase o libro Sangue no ollo, de Juan Parcero, primeira publicación deste autor e do selo editorial Papilosante. No acto, acompañando ao autor, participa Xosé Daniel Costas.
A Coruña: presentación dos novos números de Clássicos da Galiza e o Arquivo Digital da AGLP
O
venres 13 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Centro Social Gomes Gaioso (Rúa Marconi, 9) da Coruña, preséntanse os novos números da colección Clássicos da Galiza, editados por Edições da Galiza xunto á Academia Galega da Língua Portuguesa. No acto, presentado por António Gil Hernández e Celso Älvarez Cáccamo, presentarase tamén o recentemente creado Arquivo Digital da AGLP.
Convocado o XV Concurso de poesía Concello de Carral
BASES DO XV CONCURSO DE POESÍA CONCELLO DE CARRAL
1.‐ Poderán optar ao premio todos os autores/as maiores de idade e de calquera nacionalidade, sempre que o seu traballo se presente escrito en lingua galega. Non poden participar anteriores gañadores/as deste concurso.
2.‐ Fíxase un premio único de 2.000 euros. O xurado pode declarar deserto o premio. Sobre a contía do premio aplicaranse as retencións fiscais oportunas.
3.‐ Os traballos serán orixinais, inéditos e non premiados noutros concursos no momento das deliberacións do xurado (os autores dos traballos premiados deberán comunicarllo de xeito inmediato á organización), e cunha extensión non inferior aos 500 versos.
Os traballos presentaranse por triplicado, mecanografados a dobre espazo por unha soa cara, debidamente grampados ou encadernados, e coas páxinas numeradas. Cada copia dos traballos presentaranse cunha portada na que figuren o título da obra e o lema ou alcume do autor/a, coincidindo no exterior co sobre pechado que debe acompañar á obras, e que conterá no interior o nome e apelidos do autor/a, DNI, enderezo, número de teléfono, correo electrónico e un breve curriculum.
4.‐ As obras presentaranse na Biblioteca Pública Municipal de Carral (Casa da Cultura, Rúa de Paleo, 17, 15175, Carral, A Coruña).
5.‐ O prazo de admisión de orixinais rematará o 31 de marzo de 2012.
6.‐ As deliberacións do xurado son secretas, e delas estenderase a acta correspondente. A decisión do xurado farase pública na primeira quincena do mes de maio.
7.‐ O xurado estará presidido polo Alcalde do Concello de Carral ou concelleiro ou concelleira na que delegue, e formarán parte do mesmo persoas de recoñecido prestixio no eido da poesía galega e a autora gañadora da edición anterior deste concurso; e actuará como secretario o técnico municipal de Cultura do Concello de Carral.
8.‐ O título do traballo gañador e o nome e apelidos do seu autor/a daranse a coñecer mediante comunicación persoal (chamada telefónica) ao autor/a premiado/a, no blog Cultura Carral, na web municipal, así como no taboleiro de anuncios da Casa da Cultura do Concello de Carral (Rúa de Paleo 17, Carral).
9.‐ Establécese un período de dez (10) días desde a decisión do xurado para presentar alegacións á citada decisión. As reclamacións, que se tramitarán ante o Rexistro municipal de Carral, serán valoradas e contestadas polo xurado.
10.‐ O Concello de Carral reservarase o dereito de publicar a obra gañadora.
11.‐ As obras non premiadas poderán ser retiradas polos seus autores ou polas persoas nas que deleguen, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao fallo do xurado. Non se devolverán traballos por correo nin por empresas de mensaxes. As obras que non sexan retiradas no prazo indicado, destruiranse.
12.‐ Corresponde ao xurado a interpretación das presentes bases.
13.‐ A participación nesta convocatoria supón a total aceptación das presentes bases.
Amigos e sodomitas, de Carlos Callón, nunha reportaxe no Brasil
“A
revista brasileira Carta Capital publicou unha reportaxe sobre a homosexualidade e a Igrexa onde se fai referencia ás análises e reflexións contidas no libro Amigos e sodomitas, de Carlos Callón:
‘Em fevereiro deste ano [2011], o pesquisador e professor de Literatura Carlos Callón, da Universidade de Santiago de Compostela, na Espanha, foi premiado pelo ensaio Amigos e Sodomitas: A configuração da homossexualidade na Idade Média, onde conta a história de Pedro Díaz e Muño Vandilaz, protagonistas do primeiro matrimônio homossexual da Galícia, em 16 de abril de 1061. No documento, o casal compromete-se a morar juntos e se cuidar mutuamente “todos os dias e todas as noites, para sempre”. Segundo Callón, há muitos relatos semelhantes, inclusive com rituais religiosos similares aos heterossexuais, com a diferença de que as bênçãos faziam alusão ao salmo 133 (“Oh! Como é bom e agradável viverem unidos os irmãos”), ao amor de Jesus e João ou a São Sérgio e São Baco.
“Trato também na pesquisa de como na lírica ou na prosa galego-portuguesa medievais aparecem alguns exemplos de relações entre homens”, diz o professor. “As relações homossexuais são documentáveis em todas as épocas, o que houve foi um processo de adulteração, de falsificação da história, para nos fazer pensar que não.” Outro dado importante ressaltado pelo pesquisador é que a perseguição contra os homossexuais vem originalmente do Estado. Só mais tarde a Igreja se converteria na principal fonte do preconceito.
“Os traços básicos do preconceito contra a homossexualidade tiveram sua origem na Baixa Idade Média, entre os séculos XI e XIV. É nessa altura que emerge a intolerância homofóbica, desconhecida na Antiguidade. Inventa-se o pecado da sodomia, inexistente nos mil primeiros anos do cristianismo, a englobar todo o sexo não reprodutivo, mas tendo como principal expoente as relações entre homens ou entre mulheres. Com o tempo, passará a ser o seu único significado”, explica Callón.'” Desde o seu blogue.
A Coruña: roteiro Irmandades da Fala
“O
Domingo dia 15 de Janeiro, a Agrupaçom Cultural O Facho organiza em parceria com as associaçons A Gentalha do Pichel e Gomes Gaioso um passeio-roteiro para visitar os mais emblemáticos lugares das Irmandades da Fala pola Corunha. Começaremos na rua Real para tomarmos um café no Café Vecchio, que tem um importante mural da Corunha feito por Urbano Lugris. Lembraremos o local onde estivo a Editorial Nós, passaremos pola praça de Maria Pita até o cemitério de Santo Amaro em lembrança de significados pessoeiros galeguistas… e jantaremos no mesom onde estava a fonda da família de Ángelo Casal. Xúlio Cuba acompanhará o roteiro e irá indicando todo o tipo de dados e pormenores históricos.
Para jantar, confirmar assistência em gentalha@agal-gz.org ou no 696.026.002
Estes som os horários:
– Santiago de Compostela: 09:45 horas – Na estaçom de trem de Compostela.
– Corunha: 11:30 horas – No café Vecchio da rua Real da Corunha.”
Publicado o terceiro número de Galicia 21: Journal of Contemporary Galician Studies
“Sae
á luz o terceiro número de Galicia 21: Journal of Contemporary Galician Studies, revista académica anual especializada e cofinanciada polo Centro de Estudos Galegos en Gales (Universidade de Bangor) e a Universidade de Cardiff. Entre os autores participantes figuran Danny Barreto (Vassar College), María Liñeira (The Queen’s College, Oxford), Paul McDermid (University of Saskatchewan), Marisol Rodríguez (University of Aukland), Joseba Gabilondo (Michigan State University), Eva Moreda, Vanessa Cerqueira Ogando (Universitat de Barcelona), Pere Comellas Casanova (Universitat de Barcelona), Laura Lonsdale (The Queen’s College, Oxford), Silvia Vázquez (University of Exeter) e Rosa María López González (Universidade de Santiago de Compostela).” Vía Poesía galega.
