Convocado o XIV Premio Vicente Risco de Creación Literaria

O Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco en colaboración coa Editorial Sotelo Blanco, convoca un premio anual de CREACIÓN LITERARIA, co fin de abranguer os diferentes campos da obra, non só de quen foi veciño ilustre desta vila, don Vicente Martínez-Risco e Agüero, senón tamén a do seu fillo, don Antón Martínez-Risco Fernández, veciños que foron desta ilustre cidade.
Ao PREMIO RISCO DE CREACIÓN LITERARIA, poderán presentarse novelas, conxuntos de relatos, ensaios, etc. Exclúense, polo tanto, teses académicas ou traballos especificamente científicos, que teñen o seu ámbito propio no Premio Vicente Risco das Ciencias Sociais.
Para este fin, e tendo en conta a colaboración e opinión da Fundación Vicente Risco, redactáronse as seguintes

BASES

Primeira. Poderá concorrer a este premio calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega, de acordo coa normativa oficial vixente e cunha extensión mínima de 150 folios e máxima de 300.
Segunda. O prazo de entrega remata o martes día 1 de outubro de 2013 e o lugar de presentación será no Rexistro Xeral do Concello de Ourense.
Terceira. Para garantir o anonimato dos autores, os orixinais presentaranse por sextuplicado en soporte de papel en tamaño DIN-A4 mecanografados en letra Times New Roman de corpo 12 por unha soa cara e a dobre espazo.
Cada orixinal irá acompañado dun sobre pechado, que conterá a identidade do autor (nome completo, enderezo e teléfono) e o título definitivo da súa obra, facendo constar no exterior, exclusivamente, o título ou lema da obra.
Cuarta. A obra gañadora será premiada con 6.000 euros e a publicación do libro.
O importe do premio concederase con cargo á aplicación orzamentaria 170 3340 48952 do orzamento do Concello de Ourense prorrogado para o exercicio 2013.
Quinta. O Xurado estará composto por cinco persoas escollidas entre personalidades recoñecidas do mundo da literatura. A presidencia será exercida pola persoa designada polo Concello de Ourense.
Sexta. A composición do xurado darase a coñecer pública e oportunamente pouco antes da data de emisión da súa decisión, o venres 15 de novembro.
Sétima. Se a calidade literaria das obras no fose estimábel, segundo o criterio do Xurado, o premio poderá declararse deserto.
Oitava. O Excmo. Concello de Ourense, resérvase o dereito de publicación, sen limitación de número de exemplares nin de edicións, da obra gañadora, reservándose tamén os dereitos de edición desta en todas as linguas coa posibilidade de ceder tales dereitos a terceiros.
A contía do premio considérase en concepto de adianto polos dereitos de autor. O/A beneficiario/a do premio, que se compromete a renunciar expresamente a calquera pretensión sobre os devanditos dereitos, recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada.
Asemade, a persoa gañadora do premio formará parte do xurado na seguinte edición.
Novena. Os orixinais que non resulten premiados seranlles devoltos aos seus autores e autoras se os requirisen por escrito antes de rematar o mes seguinte á decisión do Xurado.
Décima. A participación neste premio leva de seu a aceptación das presentes Bases, así como a decisión do xurado que será inapelable.

Ourense, 30 abril de 2013″

Convocado o 13º Premio Novela por Entregas Relatos de Verán

1.- La Voz de Galicia, S.A. e Canal Voz, S.L. convocan un concurso para elixir a novela por entregas que se publicará durante o mes de agosto do 2013 na edición impresa de La Voz de Galicia e na súa páxina web.
2.- Poderán participar todas as persoas que presenten unha novela inédita e que non opte a outros concursos, escrita en idioma galego e que responda ás seguintes características:
· Deberá constar de 31 capítulos destinados á súa publicación diaria ao longo de todo o mes de agosto do 2013.
· Cada capítulo terá exactamente a mesma extensión, que se fixa en 3.500 caracteres, con espazos incluídos.
3.- As obras presentaranse en catro copias, impresas a dobre espazo e por unha soa cara. Ademáis, requírese o envío dunha copia do escrito en versión PDF grabado nun CD. Os orixinais faranse chegar a 13.º Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. Avenida da Prensa, parcelas 84 e 85. Polígono Industrial de Sabón (15142) Arteixo (A Coruña), polo sistema de plica cerrada, introducindo nela os datos do autor que permitan poñerse en contacto con el no caso de resultar finalista ou gañador. Os orixinais que non sexan reclamados no prazo dun mes a contar desde o momento do fallo serán destruídos.
4.- O prazo de presentación de orixinais permanecerá aberto deica o 14 de xuño do 2013, incluido.
5.- O xurado, designado pola organización do premio, darase a coñecer conxuntamente co seu fallo, que será inapelable e que se fará público antes do 25 de xullo do 2013 no xornal e na páxina web.
6.- Establécese un único premio, que estará dotado con 6.000 euros, cantidade que estará suxeita á normativa do IRPF e, en particular, á retención que legalmente corresponda a conta do devandito imposto. O premio levará aparellada a publicación da novela nas páxinas de La Voz de Galicia ao longo dos 31 días do mes de agosto do 2013 e, simultáneamente, a súa aparición na páxina web.
Establécese tamén como pago dos dereitos de autor da primeira edición da obra gañadora para o caso de que sexa La Voz de Galicia quen a publique en formato libro dentro do ano 2013. Noutro caso, o autor quedará facultado para negociar a edición libremente.
7.- Os participantes responsabilízanse da autoría real e orixinalidade da novela, así como dos seus contidos, que non poderán ser ilícitos, ofensivos ou discriminatorios, nin lesionar bens ou dereitos de terceiros. O feito de participar no premio implica a cesión non exclusiva polo autor premiado a La Voz de Galicia, S.A. dos dereitos de explotación sobre a novela, incluindo os dereitos de reprodución, recopilación en libro, transformación, distribución e comunicación pública, para todo o mundo, polo máximo prazo de tempo que recoñece a lei aos titulares dos dereitos e por calquera medio ou soporte. Así mesmo, o autor premiado cede en exclusiva a La Voz de Galicia, S.A. os dereitos de edición da obra durante o ano 2013, nos termos indicados no apartado 6º.
8.- Os datos remitidos polos autores conservaranse nas plicas cerradas ata o fallo do premio e, unha vez fallado, incorporaranse ás bases de datos de La Voz de Galicia, S.A. Ao participar, os autores consenten expresamente que La Voz de Galicia, S.A. trate os seus datos para xestionar o premio e ofrecerlles periodicamente información sobre os seus produtos, actividades, servizos e accións, aínda logo de finalizada a actuación. Igualmente, o consentimento outorgado considérase prestado para ceder os seus datos a outras empresas do Grupo ao que pertence La Voz de Galicia, S.A. relacionadas cos sectores editorial, de medios de comunicación e investigación de mercados, mercadotecnia e opinión, que pode atopar referenciadas na web, co fin de informar dos seus produtos ou servizos e facer ofertas comerciais. Os autores poderán en calquera momento oporse, acceder, cancelar e rectificar os seus datos ou oporse ao seu tratamento con fins promocionais a través do e-mail lopd@lavoz.es ou dirixíndose á dirección indicada no apartado 3, acreditando debidamente a súa personalidade.
O nome e imaxe do gañador e dos finalistas poderá ser obxecto de comunicación pública nas actuacións que poida levar a cabo La Voz de Galicia, S.A., sempre que a comunicación pública estea relacionada coa súa participación no concurso.
9.- A participación nesta convocatoria implica a total aceptación das súas bases. Os organizadores do concurso resérvanse o dereito de interpretalas ante calquera dúbida que puidese xurdir.”

Bases do VII Premio de Narrativa Breve Repsol

A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a sétima edición do Premio de Narrativa Breve Repsol, de acordo coas seguintes bases:

1. A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, excepto a persoa gañadora da edición anterior, cunha novela curta escrita en lingua galega, conforme á normativa establecida pola Real Academia Galega.
2. As novelas, que serán orixinais e inéditas en tódolos formatos, terán unha extensión non inferior a 50 folios nin superior a 120. Cada folio estará mecanografado a dobre espazo a razón de entre 28 e 32 liñas, de 60 a 70 caracteres por liña como termo medio no conxunto da novela presentada. Con caracter xeral, a extensión mínima e máxima de cada novela virá determinada polos valores de folios, liñas e caracteres antes concretados.
3. Presentaranse seis copias encadernadas de cada orixinal. En cada unha das copias figurará o titulo da novela e o lema desta.
Acompañarase tamén un sobre pechado no que figurará o citado lema e, no seu interior, o nome, enderezo, números de teléfono fixo/móbil do autor ou autora e recensión biográfica recente.
4. As novelas enviaranse antes do 19 de xullo de 2013, facendo constar no sobre Premio de Narrativa Breve Repsol, ao seguinte enderezo:
Refinaría Repsol A Coruña
Apartado 700
15080 A Coruña
5. Axuntarase aos orixinais, dentro do sobre pechado, una declaración xurada asinada polo/a autor/a onde declare a súa autoría sobre a novela, así como a súa orixinalidade. A non inclusión da dita declaración xunto coa novela será motivo para que a novela en cuestión sexa excluída automaticamente, considerarase non remitida e non presentada e destruirase.
6. Establécese un único premio dotado con 12.000 (doce mil) euros. Esta cantidade estará suxeita á retención a conta do IRPF que legalmente corresponda.
7. O premio poderá declararse deserto sempre que o xurado considere que as novelas presentadas non reúnen a calidade suficiente.
8. A contía do Premio inclúe a adquisición dos dereitos de explotación da primeira edición en galego de ata un máximo de 1500 exemplares do texto gañador. Estes dereitos corresponderanlle en exclusiva á Fundación Repsol. A novela premiada será publicada pola Editorial Galaxia segundo Contrato de Edición asinado ao efecto nos termos que acorden a Fundación Repsol e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. En todas as edicións que se realicen se fará constar o nome de Premio de Narrativa Breve Repsol 2013..
9. O xurado estará composto por:
– unha persoa nomeada por Política Lingüística,
– unha persoa nomeada pola Fundación Repsol,
– unha persoa nomeada pola Real Academia Galega,
– unha persoa nomeada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e
– unha persoa nomeada pola Editorial Galaxia.
A decisión do xurado será inapelable e farase pública no mes de setembro do ano 2013.
10. A entrega do premio terá lugar nun acto público que se celebrará na cidade da Coruña. A non ser por razóns de forza maior, a persoa gañadora deberá estar presente no acto de entrega do premio.
11. Os orixinais non premiados serán devoltos, sempre que os/as autores/as así o soliciten por escrito no prazo máximo de dous (2) meses a partir da data en que se faga pública a resolución do xurado. Os orixinais que non se retiren destruiranse.
12. Os datos achegados polos participantes no Premio incorporaranse a un ficheiro automatizado titularidade da Fundación Repsol, entidade con domicilio en Madrid, na rúa Velázquez, 166, 28002, cuxo tratamento estará suxeito á Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e a súa normativa de desenvolvemento, coa finalidade de utilizarse para a realización de cantas xestións sexan necesarias para o desenvolvemento do Premio, incluída a selección do gañador, a publicación da listaxe do gañador e a posterior entrega do Premio a este. Os participantes terán o dereito de acceder a este ficheiro e rectificar, cancelar e/ou opoñerse ao tratamento dos seus datos. Neste caso, deberán comunicalo expresamente, para o que enviarán unha comunicación escrita á antedita dirección.
13. Os participantes autorizan expresamente e con carácter indefinido a que a Fundación Repsol poida facer difusión, en calquera medio de comunicación interno/externo que estime oportuno, dos seus datos persoais consistentes no seu nome e apelidos como gañador do Premio, coa exclusiva finalidade de asegurar a divulgación por calquera medio e coñecemento da realización e fallo do Premio, sen que iso xere dereito de pago e/ou indemnización ningunha a favor dos participantes.
14. Nos aspectos non incluídos nestas bases ou naqueles que puidesen ser obxecto de interpretación, a decisión corresponderalles ás entidades organizadoras, as cales, unha vez consultados os membros do xurado, emitirán ditame que será inapelable.
15. A participación na convocatoria do Premio de Narrativa Breve Repsol 2013 implica a aceptación destas bases.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2013

Convocado o I Concurso de Microrrelatos OZOCOGZ

O<img class="alignleft size-full wp-image-33719" title="I Concurso Microrrelatos I Concurso de Microrrelatos OZOCOGZ está promovido por esta entidade, coa colaboración de Libraría Escolma do Carballiño, Libraría Aira das Letras de Allariz, Livraria Suévia da Coruña, Marta Dacosta, Paula Carballeira e David Otero. O prazo para participar remata o 25 de abril de 2013, realizándose desde o seu perfil de facebook.
As bases completas pódense consultar aquí.

Convocado o XX Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey

O Concello do Grove convoca a XX edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey, galardón literario convocado desde 1992, que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra. O obxectivo da convocatoria é honrar a vida e obra do escritor e xornalista e, asemade, coadxuvar na promoción da escrita en galego e na divulgación dos seus autores, a través dun convenio coa editorial Sotelo Blanco. O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra gañadora pola editorial Sotelo Blanco.
Poderá concorrer ao premio calquera persoa física que presente o seu texto en lingua galega. As bases, que se poden consultar na páxina web do Concello do Grove, establecen o prazo límite de presentación dos traballos o 15 de agosto.
Os textos han ter unha extensión mínima de cincuenta páxinas e máxima de cen, en folio din A4, de dou mil cincocentos caracteres cada páxina, aproximadamente, espazamento entre liñas de 1,5 e as follas deberán de estar paxinadas.
O xurado estará composto por cinco persoas especialistas en literatura. Un deles será o gañador da edición anterior do premio, que é Juan Tallón pola obra Fin do poema, dúas persoas nomeadas polo Concello do Grove, e os dous restantes participarán en representación de Sotelo Blanco Edicións. O premio é único e outorgarase por maioría simple dos votos.

Convocado o XI Certame de relato curto en galego Concello de Mugardos

O Concello de Mugardos, a través da Concellaría de Política Lingüística, convoca a undécima edición do Certame de Relato Curto en galego Concello de Mugardos.

BASES

Primeira: Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, sen límite de idade.
Segunda: Os relatos terán unha extensión máxima de 10 folios. Serán realizados obrigatoriamente en lingua galega (empregando a normativa ortográfica e morfolóxica aprobada pola RAG en 2003). O tema será libre. Deberán presentarse en formato DIN A4 por unha cara, mecanografados a dobre espazo, corpo de letra 12 e encabezados polo título. Os textos terán que ser orixinais, inéditos e non premiados en calquera outro tipo de concurso.
Terceira: Estabelécense tres categorías nas que o xurado designará un/unha gañador/a por categoría.
– Categoría de iguais ou maiores de 18 anos; premio un bono de 400€.
– Categoría de 13 a17 anos, ambos inclusive; premio un bono de 200€.
– Categoría de ata 12 anos, inclusive; premio bono 100€.
O premio de cada unha das categorías consistirá nun bono para mercar libros en galego. Para os relatos infantís haberá Mencións Especiais con diploma acreditativo e lote de libros, se o xurado o considera oportuno.
Cuarta: As/os participantes poderán presentar até un máximo de 3 relatos pero só terán opción a un premio. Achegaranse tres copias sen asinar dentro dun sobre pechado que especificará no exterior o pseudónimo elixido polo/a autor/a, a categoria a que se presenta e o nome do certame. Dentro deste sobre incluirase outro sobre pechado, co pseudónimo no exterior, que deberá conter no seu interior os datos dos autor/a (nome, apelidos, enderezo, teléfono) e fotocopia do documento de identidade ou pasaporte, así como declaración xurada de aceptación das bases do certame e de que a obra presentada é orixinal do/a autor/a e inédita. Se é posíbel xuntarase soporte informático do relato.
Quinta: O prazo de entrega dos relatos é do 18 de marzo ata o 15 e abril, ambos inclusive.
Presentaranse no rexistro de entrada do Concello de Mugardos ou enviaranse mediante correo certificado ao seguinte enderezo indicando: XI CERTAME RELATO CURTO CONCELLO DE MUGARDOS, Concellaría de Política Lingüística do Concello de Mugardos, Avda. de Galicia, 45. 15620 Mugardos (A Coruña), segundo o estabelece a Lei de Réxime Xurídico do Procedemento Administrativo Común no Art. 38.4.
Sexta: O xurado, designado polo Concello de Mugardos, emitirá o seu ditame o 17 de maio, Día das Letras Galegas, dando cumprida notificación deste nos xornais de maior difusión no concello e na Comunidade Autónoma. Os premios poderán ser declarados desertos.
Sétima: O Concello de Mugardos resérvase a propiedade dos relatos premiados, así como os dereitos de publicación das obras premiadas nos medios que considere oportunos. Neste sentido o/a autor/a renuncia a favor do Concello a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor, podendo cederlle ao premiado/a o uso e reprodución. Os relatos non premiados permanecerán na casa do concello, a disposición dos seus autores/as, durante os dous meses seguintes á entrega de premios. Transcorrido este período, os que non foran reclamados serán destruídos.
Oitava: O acto de entrega de premios comunicarase no momento oportuno.
Novena: A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado que será inapelábel.

Mugardos, decembro 2012

Convocada a XXV edición do Premio de Novela Manuel García Barros

“O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e posibilita unha mellora no eido da Literatura e é polo que así entendido, no proceso de normalización cultural, crea: O PREMIO DE NOVELA MANUEL GARCÍA BARROS (KEN KEIRADES).
Ademais, deste xeito, quere testemuñar a admiración e respecto e manter a presenza do ilustre académico e galeguista DON MANUEL GARCÍA BARROS, mestre e fillo deste Concello, contribuíndo así ao espallamento da súa persoa e máis a importante achega que a súa obra fixo ás Letras Galegas.
O Excmo. Concello da Estrada en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia convoca o XXIV PREMIO DE NOVELA MANUEL GARCÍA BARROS (KEN KEIRADES), cunha dotación económica de 9.000 euros, que se rexerá polas seguintes

BASES

PRIMEIRA. Poderán concorrer ao premio todos os autores e autoras de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos, acordes coa normativa oficial vixente en lingua galega.
Os textos presentados deberán ser inéditos e totalmente orixinais.
SEGUNDA. Os orixinais serán presentados por sextuplicado exemplar en papel tamaño folio ou en holandesa, mecanografados a dobre espazo antes do 30 de abril de 2013 na Casa do Concello, Praza da Constitución, 1 – 36680 A Estrada (Pontevedra).
TERCEIRA. Con cada orixinal que deberá ser presentado baixo lema, xuntarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo e teléfono do autor ou autora, así como o título da novela.
Presentarase na plica unha declaración xurada conforme están ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa seguridade social, e non están incursos en prohibición de percepción de obrigas públicas, e en xeral de cumprir os requisitos do artigo 13 da LGS 38/2003.
CUARTA. O premio terá unha dotación económica de 9.000 euros que se outorgará indivisiblemente nun único premio.
QUINTA. O xurado estará composto por cinco membros escolleitos entre recoñecidos persoeiros do mundo da cultura actuando un deles como secretario/a a proposta e en representación da Corporación do Excmo. Concello da Estrada. O premio concederase por maioría de votos.
SEXTA. A composición do xurado darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicará oportunamente. As Bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia.
SÉTIMA. Unha vez emitida a resolución do xurado procederase á apertura da plica gañadora no curso dun acto público na data e lugar que se anunciarán oportunamente.
OITAVA. O premio poderá ser declarado deserto.
NOVENA. Acto de entrega do devandito XXV PREMIO DE NOVELA MANUEL GARCÍA BARROS (KEN KEIRADES), será no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente.
DÉCIMA. O Excmo. Concello da Estrada resérvase, durante o prazo de un ano, os dereitos de publicar a obra premiada, en todas as linguas do Estado, en formato físico e dixital. Neste sentido, o autor ou autora renuncia a favor do Concello da Estrada, na primeira edición en papel, a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor. A obra premiada será publicada por Editorial Galaxia.
UNDÉCIMA. O caso da súa solicitude por escrito, enviaranse aos/ás autores e autoras e ao seu cargo, nun prazo de tres meses, aqueles orixinais non premiados. Transcorrido dito prazo serán destruídos.
DUODÉCIMA. A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como as decisións do xurado designado, que serán inapelables.”

Convocado o XXV Premio de narrativa Torrente Ballester

“Co ánimo de contribuír a acrecentar a calidade fabuladora e a creatividade que caracteriza aos nosos escritores, así como de homenaxear ao ferrolán Gonzalo Torrente Ballester, a Deputación Provincial da Coruña convoca o XXV Premio de narrativa Torrente Ballester, de acordo coas seguintes

BASES

Primeira.-
Poderán optar ao premio todas aquelas persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que non obtivesen o premio nas cinco edicións anteriores a esta, e que presenten obras inéditas e non premiadas con anterioridade, escritas en castelán ou en galego.
Segunda.-
Outorgarase un premio único e indivisible dotado con 25.000 €, estando suxeita esta cantidade aos impostos e retencións legais que lle sexan de aplicación.
A Deputación publicará a obra premiada, directamente ou a través doutra editorial, reservándose durante dezaoito meses os dereitos de edición.
Terceira.-
As obras serán de tema e extensión libres, podendo presentarse novelas, relatos e conxuntos de relatos.
As obras presentaranse preferentemente en formato dixital, CD que incluirá na carátula: XXV Premio de narrativa “Torrente Ballester”, título da obra e un lema, ou o pseudónimo da persoa que sexa a autora; o tratamento de texto será Word, OpenOffice ou PDF.
No caso de optar pola presentación en papel, os orixinais enviaranse por duplicado, en exemplares separados, en tamaño DIN A4, polas dúas caras, numerados, grampados ou encadernados.
A obra será presentada baixo o sistema de plica, polo que será enviada xunto cun sobre aparte; no exterior do sobre farase constar o título da obra e un lema, ou o pseudónimo da persoa que sexa a súa autora; no interior incluirase unha copia do documento de identidade, enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico e, ademais, incluirase unha declaración expresa de que a obra é inédita e que non foi premiada, ata a data de presentación, en ningún outro certame ou premio.
Cuarta.-
O prazo de presentación de orixinais comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e finalizará o 1 de xullo de 2013.
Os orixinais enviaranse á Deputación da Coruña, Avda. Alférez Provisional 2, 15006 A Coruña, indicando no sobre: XXV Premio de narrativa “Torrente Ballester”.
Quinta.-
Para a lectura da totalidade das obras presentadas, será nomeada unha comisión de preselección, que estará composta por persoas expertas no campo da literatura; esta comisión seleccionará as obras que, segundo o seu criterio, reúnan a calidade suficiente para que sexan valoradas polo xurado do premio.
Sexta.-
O xurado estará presidido polo presidente da Deputación e formarán parte do mesmo a deputada presidenta da Comisión de Cultura, Educación, Deporte e Xuventude, e sete persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario.
O xurado será nomeado polo presidente da Deputación e actuará como secretario o da corporación ou o funcionario no que este delegue.
A composición do xurado darase a coñecer con anterioridade á súa reunión no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación, co fin de que se poidan interpor os recursos legais pertinentes.
Sétima.-
O xurado actuará en pleno, en sesión a ser posible única, sendo necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros. Aos efectos da validez da súa constitución, será de aplicación o disposto no art. 26.1 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As deliberacións serán secretas e delas será redactada a acta correspondente.
O xurado non poderá declarar deserto o premio e presentará a súa proposta ao presidente da Deputación, que é o órgano competente para concedelo.
O fallo do xurado terá lugar no mes de novembro de 2013 e darase a coñecer no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación, así como a través dos distintos medios de comunicación.
A plica correspondente á obra que resulte finalista poderá ser aberta polo secretario do xurado co fin de que, se o seu autor o permite, se poida dar a coñecer o seu nome.
Oitava.-
Non se devolverán as obras presentadas non premiadas e a partir do día seguinte ao do fallo do xurado serán destruídas.
A presentación das obras supón a aceptación destas bases por parte dos autores.
Os participantes teñen a obriga de comunicar á Deputación a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión deste concurso.

A Coruña, 18 de febreiro de 2013.”

Convocada a XI edición do Premio Literario Conde de Gondomar

Desde o Instituto de Estudos Miñoranos:
“O Concello de Gondomar convoca a XI edición do Premio Literario Conde de Gondomar.
– Poderán participar todos os mozos/as do Val Miñor que teñan entre 10 e 20 anos.
– O certame conta co apoio do Instituto de Estudos Miñoranos e a Deputación de Pontevedra.
Nesta XI edición, organizada pola Concellaría de Educación, establécense dúas modalidades, Poesía e Relato Curto. Poderán concorrer todos os autores de 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato que residan no Val Miñor e non superen os 20 anos.
Os e as participantes poderán presentar, individualmente, unha única obra, por cada unha das modalidades, de tema libre que deberá remitirse, antes do día 13 de abril de 2013, ás Oficinas do Concello de Gondomar (Rexistro), na seguinte dirección: Praza Doutor Latino Salgueiro s/n 36380 Gondomar.
Todos os interesados que desexen maior información poderán consultar as bases do certame no Concello.”

Convocado o I Premio Urco de relato fantástico

BASES

1. E isto que vén sendo?
Urco, a editora pioneira na edición de literatura fantástica en lingua galega convoca o: I Premio Urco de Relato Fantástico.
2. E logo por que?
A mellora da capacidade lectora e o fomento da creación literaria entre a mocidade, así como dar a coñecer a literatura de xénero fantástico.
3. A quen vai dirixido / quen pode participar / que teño que facer?
Poderá participar calquera alumno de secundaria dos centros públicos da Galiza, presentando como máximo un relato por cada categoría.
4. Como participo?
Fase 1: inspiración
Todos os grandes escritores en potencia teñen que se inspirar nos mestres da súa época e do pasado, daquela deberás ler, cando menos, un dos seguintes libros, que estarán encadrados en cadansúa categoría:
A praga escarlata. Jack London. Categoría «Horizontes escuros».
Nas montañas da loucura. H. P. Lovecraft. Categoría «Teño medo, mamá!».
O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños. Fernando M. Cimadevila. Categoría «Fantasías aventureiras».
O xogo de Ender. Orson Scott Card. Categoría «O distante e fantástico futuro».
Fase 2: a choiar!
Despois dunha conveniente dose de inspiración, toca sacar o mellor de cada un e escribir o noso conto fantástico.
Os relatos terán que estar escritos en lingua galega e ser orixinais e inéditos.
A extensión será de dez folios como máximo, tamaño DIN A4, por unha soa cara, a dobre espazo, xustificado e cunha fonte Garamond a tamaño 12.
Os traballos escritos en Comic Sans serán directamente descartados sen ler.
5. Onde e como os mando?
O enderezo para envialos é o seguinte:
Urco Editora / Rúa do Avío 11, baixo / 15705, Compostela, Galiza.
Debes enviar 2 sobres separados, un co relato ou relatos (non os asines!!!) e outro cos datos persoais. Este procedemento serve para que o xurado lea os contos sen saber de quen son e así garantir que os premios se repartirán só en función da calidade. Ambos os dous sobres deben ter o mesmo tamaño e levar por fóra o título do conto ou contos, a categoría ou categorías a que se adscriben e o pseudónimo co que os asines.
Sobre 1: Conterá unha folla cos datos reais da autora ou autor (nome e apelidos, centro docente e datos de contacto, título do relato ou relatos e categoría ou categorías nas que participa).
Sobre 2: Aquí terás que meter a túa obra mestra, unha ou varias, segundo participes nunha categoría ou en máis.
6. E canto teño que bulir?
O prazo de recepción de orixinais finaliza o 26 de abril de 2013.
7.Como se escollen os gañadores?
Urco Editora seleccionará, de entre todos os presentados, tres relatos por cada categoría para seren publicados nunha obra colectiva. Estes relatos serán os finalistas do concurso, de entre os cales un xurado elixirá os catro gañadores; un en cadansúa categoría.
O xurado estará formado por profesionais reputados do mundo da literatura e a cultura galegas.
8. E que gaño, se gaño?
O premio para os finalistas consistirá nun lote de libros e a publicación do seu conto nun volume colectivo. Os gañadores de cada categoría recibirán, alén do lote de libros e a publicación, un dispositivo e-reader cargado con varios títulos da editorial.
9. E cando sei se gañei?
A entrega de premios terá lugar a finais do mes de maio, en Compostela. Todos os participantes serán convidados ao acto.
A obra colectiva de gañadores e finalistas estará a disposición do público desde o mesmo día da entrega de premios.
10. A quen me dirixo se teño algunha dúbida?
Para calquera dúbida podes contactar connosco a través do correo electrónico davidcortizo@urcoeditora.com.
As dúbidas non resoltas ou calquera continxencia sobre estas bases serán resoltas pola organización e, no seu caso, polo xurado.
11. Que se vai facer cos orixinais?
Os participantes poderán pasar pola editora a recoller os seus orixinais até o 30 de Xuño, pasado ese tempo procederase á súa reciclaxe.
12. O feito de participar no concurso supón a aceptación das presentes bases.