«Espiral Maior publícaas na súa colección Spiralia, canda a unha antoloxía de Manuel Rivas, unha de poesía galega dos cincuenta e outra dos séculos escuros.
As cinco obras presentaranse en Madrid en marzo, nun acto conxunto. Entre o máis salientábel da colección figura a antoloxía de Lois Pereiro, nunca antes traducida ao castelán, así coma a de Manuel Rivas, que incluirá poemas inéditos e Códice Calixtino, de Luz Pozo Garza.». (Vieiros)

«O adeus do vello mariñeiro, fala dunha historia de dúas persoas que simbolizan aqueles homes e mulleres do mar, loitadores das ondas, que forxaron unha cultura, un xeito de entender a vida, coas súas vivencias, a súa linguaxe, os seus fogares, as súas ferramentas, os seus labores. Henrique Rivadulla olla cara a ese mar que foi escrito e reescrito, reiterada e teimudamente, polos mariñeiros desde antigo, pola forza do seu traballo. Onda eles, foi pescar estes versos.» (
«Despois da primeira votación entre as candidaturas presentadas ao Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora do ano co que se pretende recoñecer o traballo realizado por un autor ou unha autora, ou colectivo de autores/as, en lingua galega durante 2007 resultaron finalistas as seguintes candidaturas: