Publicado en Biografías, Día das Letras, Edición, Poesía
PROGRAMA XOVES 23 VENRES 24 SÁBADO 25 DOMINGO 26 Xa está disponíbel o número 19 da revista foeminas, dedicado a María Mariño. Para consultala, só é preciso entrar na web da revista. Ás 18:30 horas na Feira do libro d’ A Coruña (Xardíns de Méndez Núñez), o escritor Xosé Neira Vilas asinará exemplares dos seus libros na caseta de secretaría. Ás 19:30 terá lugara presentación do poemario Eume, de César Antonio Molina, publicado pola Editorial Galaxia. Xunto co autor, participarán no acto Luis García Soto (filósofo e profesor da USC), Antón Patiño (pintor), Manolo Vilariño (fotógrafo) e o director xeral da editorial Víctor Freixanes. «Un total de 185 proxectos editoriais recibirán financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de axudas para a edición en lingua galega de materiais curriculares, para niveis non universitarios, así como a edición de material para a formación de adultos.» (Xornal.com) Ás 19.00 horas na Feira do libro d’ A Coruña (Xardíns de Méndez Núñez), o escritor Xurxo Souto presenta a nova edición do libro Contos da Coruña, publicada por Edicións Xerais de Galicia. Xulio Pardo de Neyra presentará o luns 6 de agosto o seu libro Literatura galega de vangarda. A iconoclastia rupturista dos primeiros manifestos galegos, publicado por 3C3 Editores, ás 19.00 horas na Feira do libro d’ A Coruña (Xardíns de Méndez Núñez). Participarán en el acto Antonio Puentes Chao y X. Amancio Liñares Giraut.Carballo: Praza dos libros 2007
«O Xardín Municipal de Carballo encherase durante catro días, do 23 ao 26 de agosto, de libros, de actividades lúdicas, participativas, divertidas e formativas para nenas e nenos e para persoas adultas, de autoras e autores da comarca e do país, de presentacións e sinaturas de libros, de recitais, de actuacións, de representacións, etc. Unha nova edición da feira literaria de Bergantiños á que non podes faltar.»
11.00 h: Inicio da Praza dos Libros 2007 e Ciclobiblioteca.
12.30 h: Presentación da Praza dos Libros e do terceiro trimestre do programa Literactúa, de difusión do libro e a lectura en galego (setembro, outubro, novembro).
13.00 h: Inauguración e pregón de Mercedes Queixas Zas.
19.30 h: Presentación de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, coa presenza de Mahmoud Elhda, subdelegado saharauí para Galiza.
20.30 h: Presentación de Lingua, nación e identidade, de Xosé Ramón Freixeiro Mato.
21.30 h: Recital-presentación de As horas de María, de Paco Souto.
11.30 h: A fábrica da fantasía: Actividades veloces para facer e levar (actividade para nenas, nenos e maiores). Contos rápidos para levar. Poemas a toda máquina. Imaxes que contan historias.
20.00 h: Actuación de Títeres Viravolta. Unha de piratas.
21.00 h: Presentación conxunta de Arte e parte, de Xurxo Borrazás, e da reedición de Crónicas de Carballo I, de Xan Fraga.
22.30 h: Concerto da caboverdiana Nancy Vieira.
13.00 h: Presentación de Historia dunha lata e de Lume!, de Alberto Varela Ferreiro.
19.30 h: Presentación de Seavia é nome de parroquia, de José Antonio Andrade.
20.30 h: Presentación de O bosque de Nadgor, de Farruco Graña.
21.30 h: Concerto-presentación Hai cu. Pintadas no váter, de Leo i Arremecághona.
11.00 h: Un libro, un pan. Todas as persoas que merquen algún libro serán agasalladas cun pan da marca Pan de Carballo.
12.00 h: Sinatura de libros de Santiago Jaureguizar.
20.00 h: Charla dramatizada de María Mariño, por Brais Fernández Álvarez.
21.30 h: Concerto do cantautor cubano Norge Batista e remate da feira.Número 19 da revista “foeminas”
Vigo terá unha biblioteca estatal
Xosé Neira Vilas e César Antonio Molina na Feira do libro d’ A Coruña
Xelís de Toro presenta “Terminal” en Inglaterra
«Xelís de Toro e o seu grupo artístico Rough Company presentan o mércores [8 de agosto] na galería Fabrica, da cidade británica de Brighton, a súa instalación-performance Terminal. A montaxe multimedia está baseada no libro do mesmo título publicado en 1994 en Edicións Positivas. A peza estreouse hai doce anos na Universidade de Oxford, nun encontro artístico en Bélxica e na compostelá Sala Nasa.» (Vieiros: Galiza Hoxe)Novas axudas para proxectos editoriais
Presentación de “Contos da Coruña”, de Xurxo Souto
Xavier Alcalá e Xurxo Souto presentarán o “Manifesto Dobarrista” en Fene
Presentación n’ A Coruña de “Literatura galega de vangarda”, de Xulio Pardo de Neyra
