Presentación de “Dun tempo e dun país”, de Manuel Caamaño

O venres 27 de abril, ás 20:30 h., na Casa de Cultura “Avilés de Taramancos” de Noia preséntase Dun tempo e dun país, do escritor Manuel Caamaño Suárez. O acto contará coa participación do autor, de Xosé Manuel Beiras Torrado e de Pedro García Vidal. Tamén será presentado o número 24 do suplemento cultural A voz de Barbantia.

Presentación de dous novos libros de Xosé Chao Rego

As obras Iglesia y franquismo. 40 años de nacional-catolicismo (1936-1976) e Iglesia y posfranquismo. 17 años de transición (1976-1992), de Xosé Chao Rego, serán presentadas na Galería Sargadelos de Compostela (Rúa Nova, 16). Intervirán no acto Bernardo García Cendán (profesor de Socioloxía na Universidade de Santiago), X. Amancio Liñares Giraut e Antonio Puentes Chao (directores editoriais de 3C3) e o propio autor.

Actos do “Premi Born de Teatre”

O día 21 de abril, ás 12:00 horas no Salón de Actos do Centro Dramático Galego (Rúa Nova, 34 – Santiago de Compostela), terá lugar a presentación das bases do XXXII Premi Born de teatro.

A xornada tamén albergará a presentación da edición de Origami, obra gañadora do Premi Born de Teatre 2006. Contará coa participación de Carlos Be (autor), Pepe Henríquez (redactor “en Cap” da revista Primer Acto), Antón Lamapereira (Director da RGT) e Raúl Dans, dramaturgo e gañador do Premi Born de Teatre 1997. (Premi Born de Teatre)

 

Presentación de “Ramón Martínez López”, de X. Amancio Liñares Giraut

A obra biográfica Ramón Martínez López, de X. Amancio Liñares Giraut, será presentada no Auditorio da Casa da Cultura Ramón Martínez López, en Boiro, o sábado 21 de abril ás 20:00 horas. No acto intervirán o concelleiro de cultura de Boiro, Xerardo Piñeiro, o escritor e membro da Fundación Castelao, David Otero, o alcalde de Boiro, Xosé Deira, e o propio autor.

Presentación d’ “Os ríos pasan cheos de Deus”, de Victorino Pérez

O libro Os ríos pasan cheos de Deus. Poesía relixiosa en galego, de Victorino Pérez Prieto, será presentado n’ A Coruña o 4 de Maio (20:00 horas) no salón de “Portas Ártabras”, R/ Sinagoga 22 (tras da ábsida da Colexiata de Santa María) . Intervirán, entre outras persoas, a escritora Luz Pozo (da Real Aacademia Galega) e o autor.