Atmosferas, de Olga Patiño Nogueira, será presentado no Liceo de Betanzos o próximo 17 de maio ás 20:30 horas. Do libro de poemas, que inclúe gravados do brigantino José Valentín, falará o escritor, historiador e artista gráfico Xoán Carlos Pereira Martínez.
Arquivo da categoría: Edición
Presentación de libros de teatro na Estrada
Na Estrada está prevista para esta semana a presentación das seguintes obras: Camiño de volta,de Paco Lareo; A primavera continuará, de Manuel Fragoso; Cando os libros toman té, de Teresa González Costa; Felisa, de Xoán Xesús González (introdución e edición de Marcos Seixo); Falsas confidencias, de Marivaux (tradución e adaptación de Carlos Loureiro Rodríguez); Grazas Padre Ramón, de Manuel Daniel Varela Buxán (tradución e adaptación de Xosé Luna). Será o venres 18 de maio ás 20:00 horas na Galería Sargadelos.
Presentación de “Camiño da cidade”, de Robustiano Rodríguez
A presentación do libro Un autobús camiño da cidade, de Robustiano Rodríguez, terá lugar en Lugo o próximo domingo día 20 de maio, ás 19:00 horas, na Carpa da Feira do Libro (Praza Maior). Intervirá, ademais do autor, a poeta e narradora Marica Campo.
A próxima semana na Galería Sargadelos de Ferrol
O luns día 14 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar a conferencia “O galego na Universidade”, a cargo de Xosé Ramón Freixeiro Mato.
O martes día 15 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar unha mesa redonda sobre “O libro no mundo editorial galego”, na que intervirán Antón Cortizas, (Tambre-Edelvives) e Miguel Toval (Editorial Embora).
O mércores día 16 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar a mesa redonda “O galego nos medios de comunicación”, na que intervirán: Germán Castro (Diario de Ferrol), Xan Morales (Club de Prensa), Uxío Fernández Fernández (Ferrol Hoy), Antía Díaz (Voces de Ferrol de Radio Voz) e Raúl Salgado (Localia TV).
O venres día 18 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar un Recital de versos de María Mariño, a cargo de diversos poetas de Ferrolterra.
10 de maio: Cultur.gal, feira do libro e da industria cultural
Ver nota anterior.
Presentación do “Dicionario María Mariño” na Pobra do Caramiñal
O Dicionario María Mariño de Esperanza Mariño Davila será presentado no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal o xoves 10 de maio ás 20:30 horas. No acto intervirán o alcalde da Pobra do Caramiñal Isaac Maceiras, a concelleira de cultura Encarna González e a autora Esperanza Mariño Davila.
Presentación de “Peregrinos sen fe”, de Sérgio Luís de Carvalho
Este martes día 8, ás 12:00 horas na cafetaría do Hostal dos Reis Católicos en Compostela, recibirá a xornalistas e lectores Sérgio Luís de Carvalho. A editora ofrece un café aos presentes ademais de un exemplar de Peregrinos sen fe, unha novela que aparece simultáneamente en portugués (Campo das Letras) e en galego (Biblos).
Esta semana na A. C. Alexandre Bóveda…
O martes 8 e o xoves 10 terá lugar un curso intensivo de galego intitulado “Por un modelo digno de lingua”, de 20:00 a 22:00 horas no salón de actos da asociación, a cargo dos profesores Xosé Ramón
Freixeiro e Xosé M. Sánchez Rei.
O venres 11 presentarase o libro A Escola Dramática Galega na configuración do sistema teatral, de Carlos Biscainho, con Francisco Pillado, Manuel Lourenzo e Dores Sánchez Alegre. Será ás 20:30 horas no local da asociación.
Presentación d’ “O canto do muecín”, de Lois Diéguez
A presentación do libro O canto do muecín, de Lois Diéguez, terá lugar o mércores 9 de maio ás 20:30 horas Teatro Principal de Compostela. Ademais do autor, que estará asinando exemplares da obra no lugar do acto a partir das 18:30 horas, participarán Enrique Acuña, Antón Fortes, X.L. Santos Cabana, Merche Espiño e Anxo Angueira.
“Un alpendre de sombra e de luar”, de Félix Villares Mouteira
Un alpendre de sombra e de luar. A escola literaria da diocese de Mondoñedo-Ferrol recolle décadas de investigación de Félix Villares sobre a escola literaria da diocese de Mondoñedo-Ferrol. Nesta antoloxía aparecen nomes tan importantes como Pastor Díaz, Noriega Varela, Aquilino Iglesia Alvariño, Crecente Vega e Díaz Castro.