O xurado do Liceo de Ourense terá a honra esta 22 de xuño de conceder o VIº Premio Carlos Casares de microrrelato a María Lado Lariño, polo seu relato Alugueres antigos, presentado baixo o lema Anabel Lee. Asimesmo o xurado decidiu conceder dous accésits polos relatos Sangue de Fátima González Comesaña e O limoeiro de María Lorenzo Miguéns. O acto será ás 20:30 horas no Salón Nobre do Liceo.
Arquivo da categoría: Premios narrativa: ditames
Entrega do VIº Premio Carlos Casares de microrrelato do Liceo de Ourense
O venres 22 de xuño, ás 20:30 horas no Salón Nobre do Liceo, celebrarase o acto de entrega do “VIº Premio Carlos Casares de microrrelato”, ao que se presentaron case setecentos traballos. O acto, no que se lembrará a figura do falecido escritor que dá nome aos premios, D. Carlos Casares Mouriño, socio de honra da institución cultural, rematará coa actuación da Coral do Liceo.
Carlos López, XXIIº Premio Merlín de literatura infantil
An Alfaya, IIº Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil
Rexina Vega, XXIVº Premio Xerais de novela
Ditaminados os Premios Xerais 2007
Xosé Vázquez Pintor gaña o premio Risco de creación literaria
Xesús Manuel Marcos gaña o VIIº Certame de creación literaria “Terra de Melide”
O VIIº Certame de creación literaria “Terra de Melide” foi gañado por Xesús Manuel Marcos coa obra titulada A lúa dos everglades.
3º Premio Biblos-Pazos de Galicia: finalistas
“O 3º Premio Biblos-Pazos de Galicia decidirase o vindeiro mes de xullo entre as escritoras mozas Cristina Ferreiro Real, de Lugo; Patricia Casas Vázquez, da Coruña, e Raquel Campos Pico, de Santiago pero que reside en Madrid. As tres foron declaradas finalistas por un xurado integrado pola que será este ano a titora da gañadora, a escritora Helena Villar Janeiro, o xornalista e tamén escritor Camilo Franco, o gañador da anterior edición, Alberto Ramos, e o director literario de Biblos.
As aspirantes ao premio, que presentaron no seu día unha memoria do proxecto, deberán entregar agora antes do 15 de xuño unha versión o máis elaborada posible da novela.
A gañadora poderá pasar o mes de outubro a gastos pagos na Casa Grande do Bachao e estará tutelada para ultimar a obra por Helena Villar, poeta, narradora e ensaísta cunha ampla experiencia tamén como articulista e docente. O premio conleva tamén un ordenador portátil e a edición da obra en galego e na súa tradución ao castelán.” (Biblos – Clube de lectores)