Dentro
do programa de actos da Feira do Libro de Monforte (na rúa do Cardeal), o 26 de agosto realizaranse os seguintes:
19:00 h. Ricardo Gurriarán presenta Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela 1939-1968, publicado en Xerais, acompañado por Manuel Bragado.
20:00 h. Xabier Quiroga presenta a súa novela máis recente, O Cabo do Mundo, Premio da Crítica 2010 no eido da narrativa, publicada en Xerais, tamén acompañado por Manuel Bragado.
Arquivo da categoría: Feiras do Libro
Monforte: inauguración da Feira do Libro o mércores 25 de agosto
En Monforte
desenvolverase a XIII edición da Feira do Libro do mércores 25 de agosto até o sábado 28, na rúa Cardeal, con horarios entre as 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas todos os días.
Na primeira xornada, o acto de inauguración será ás 18:00 horas, a cargo de Xosé Manuel Pereiro. Logo, ás 20:30 h., Marcos Calveiro asinará exemplares do seu libro Settecento e do resto da súa obra.
O programa completo da Feira pódese ver aquí.
Vídeo: Marcos Calveiro na Feira do libro da Coruña 2010
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Wq8MQlzM3-c" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Foz: Feira do Libro
Do 19 ao 22 de agosto celebrarase en Foz a Feira do Libro, na Praza do Conde de Fontao, cun horario entre as 18:00 e as 22:00 horas. O programa completo pódese ver aquí.
Viveiro: actos da Feira do Libro do luns 16 de agosto
Na
Feira do Libro de Viveiro este luns 16 de agosto, a partir das 19:30 h., preséntase Edicións Barbantesa, a cargo da responsable de edición Penélope Pedreira e Natalja Dudeck, membro de Xestión Literaria Galega, editora de Edicións Barbantesa. No mesmo acto, terá lugar a presentación do libro Memorias dunha viaxe improvisada. De Betanzos a Nápoles en 1899 de Rogelio Borondo, publicado por Edicións Morgante. Fará a presentación Joel Ben Ramos, autor da introducción biográfica.
Viveiro: inauguración da Feira do Libro e sinatura das súas obras a cargo de Xabier P. Docampo
O venres 13 de agosto comeza a Feira do Libro de Viveiro, que se celebrará nos xardíns de Noriega Varela até o luns 16. O acto de inauguración celebrarase ás 13:00 horas, encargándose de ler o pregón Xabier P. Docampo, quen, a partir das 19:30 h., asinará exemplares dos seus libros.
Neste mesmo día, a partir das 20:30, celebrarase unha charla sobre Territorios da memoria e espazos imaxinarios, na que participarán o propio Xabier P. Docampo, Ramón Pernas, o poeta e ensaísta Emílio Xosé Ínsua e a artista plástica Renata Otero, e que estará aberta tamén á participación do público.
Viveiro: actividades do sábado 14 de agosto
Dentro
da Feira do Libro de Viveiro, este sábado 14 de agosto, a partir das 19:30 h. Magín Blanco presentará o seu libro-disco A nena e o grilo, publicado en Oqo Editora, realizando un pequeno concerto. Ás 20:30 h. preséntase o libro Viveiro e a Mariña de Álvaro Ruibal, publicado pola editorial Estabañón, acto no que participarán María Concepción Donapetri Camacho e Antonio Nores Quesada.
A Coruña: máis valoracións sobre a Feira do Libro
A Feira do Libro da Coruña pecha con balance ‘positivo’
A Coruña: programa do luns 9 de agosto na Feira do Libro
19.00 h. Presentación da editorial Edicións Barbantesa, a cargo da responsable de edición Penélope Pedreira. No mesmo acto, terá lugar a presentación do libro de poesía Cos peitos desenchufados, de Elías Portela e do libro de narrativa As Médulas, de Silvia Bardelás.
19.00 h. O escritor Toño Núñez asinará exemplares do seu libro Mago Goma, publicado por Kalandraka Editora.
20.00 h. O escritor Manuel Portas presentará o seu libro Denso recendo a salgado, publicado por Xerais. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado.
20.00 h. A escritora Eva Moya, firmará exemplares do seu libro El árbol de los sentimientos, publicado pola Editorial Styria. Ás 21.00 terá lugar a presentación do libro, coa participación da autora.