Madrid: As editoras galegas amosan o seu traballo en Liber

“O posto da Asociación Galega de Editores, con novidades de 26 firmas galegsas, é o principal punto de respresentación deste sector na Feira Internacional do Libro Liber. O evento, que arrincaba onte en Madrid a súa XXIX Edición, conta asimesmo coa presenza dun posto propio de Kalandraka, Nova Galicia e de Ideaspropias editorial, mentres as tres universidades e a Fundación Barrié contan cun espazo compartido con outras institucións académicas. O Consello da Cultura Galega comparte espazo do Institut d’estudis Cataláns. As firmas representadas pola Asociación de Editores son Editorial Netbiblo, Edicións Tambre, Edicións Xerais de Galicia, Rodeira–Edebé, Ir Indo Edicións, Kalandraka Editora, Nova Galicia Edicións, Editorial Galaxia, Hércules de Ediciones, Editorial Everest, Editorial Toxosoutos, Baía Edicións, Ideaspropias Editorial, OQO Editora, El Patito Editorial, Ediciones Linteo, Edicións Embora, Andavira Editora, Alvarellos Editora, Edicións Nigra Trea, Primera Persona, KNS, Espiral Maior, Biblos, Edicións do Cumio e Embora. Pola súa banda, a coruñesa Ediciones del Viento inclúe a súa produción no posto do Gremio de Editores de Madrid, mentres Tambre vai no posto do Grupo Editorial Luís Vives e Xerais está tamén representada no posto do grupo Anaya.” Vía Cultura Galega.

A Asociación Galega de Editores participa na Bienal do Livro de Rio de Janeiro

“A Asociación Galega de Editores participa por terceira vez na Bienal do Livro de Brasil, evento que ten lugar nas dúas cidades punteiras dese enorme e emerxente estado: São Paulo e Rio. No ano 2008 a AGE mantivo unha rolda de negocios cos editores brasileiros na que contou coa inestimable axuda e colaboración da Cámara Brasileira do Livro e da responsable do proxecto APEX para ese sector, Dolores Manzano. Daquela, 8 editores galegos viaxaron nunha misión da Cámara de Comercio de Pontevedra, contando coa colaboración dun técnico do IGAPE, que participou tamén no desenvolvemento da axenda de traballo. A exposición de libros tivo lugar no stand da FGEE. Nesta ocasión a AGE estará representada pola Vicepresidenta da entidade e directora de Baía Edicións, Belén López, amais de editores de Kalandraka Editora e OQO Editora. Expoñen libros no módulo da AGE, dentro do  stand compartido pola FGEE e o ICEX: Editorial El Patito, OQO Editora, Editora 2.0, Baía Edicións, Edicións Embora e Edicións Toxosoutos. Belén López vaise entrevistar con diversos axentes do sector do libro e contará coa visita dun pequeno colectivo de descendentes de galegos, algúns deles empresarios de divesos sectores. A editora tamén realizará xestións para incrementar a relación iniciada no ano 2008. (…)”. Vía AGE.

Carballo: actividades do domingo 28 de agosto na Praza dos Libros

Dentro da Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, que se desenvolve até este domingo 28 de agosto no Xardín Municipal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o no seu último día, domingo 28 de agosto:

– 12:30 h. Presentación de A ciencia no punto de Mira, de Jorge Mira, publicado por Auga Editora. No acto participan, acompañando ao autor, Santi Garrido e José María de la Viña.
– 19:30 h. Presentación da nova serie infantil A familia Caravana, de Pepe Carreiro, publicada en Edicións do Cumio. No acto participan, xunto ao autor, Milagros Lantes e Francisco Villegas.
– 20:00 h. Miguel Sande asinará exemplares do seu libro A vida fóra, publicado en Galaxia.

O programa completo pódese descargar aquí: Praza dos Libros Carballo 2011.

Carballo: actividades do sábado 27 de agosto na Praza dos Libros

Dentro da Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, que se desenvolve entre o xoves 25 e o domingo 28 de agosto no Xardín Municipal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o sábado 27 de agosto:

– 12:30 h. Presentación de Luís Suárez. Fútbol de seda, de Xan Fraga, publicado en Baía Edicións. No acto participan, co autor, Marcos Trigo e Manolete, ex-xogador do Deportivo da Coruña.
– 20:30 h. Presentación de In vino veritas, de Francisco Castro, publicado en Galaxia. No acto o autor estará acompañado por María Canosa.

O programa completo pódese descargar aquí: Praza dos Libros Carballo 2011.

Monforte: actividades destacadas do sábado 27 na Feira do Libro

A XIV edición da Feira do Libro de Monforte remata o sábado 27 de agosto, na rúa Cardeal, con horarios entre as 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas, contando, neste último día, coa seguinte actividade destacada:

– 19:00 h. Presentación do libro Penúltimo dietario, de Xosé Neira Vilas, publicado en Xerais, coa participación do propio autor.

Carballo: actividades literarias do venres 26 de agosto na Praza dos Libros

Dentro da Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, que se desenvolve entre o xoves 25 e o domingo 28 de agosto no Xardín Municipal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o venres 26 de agosto:

– 19:30 h. Presentación de Penúltimo dietario, de Xosé Neira Vilas, publicado en Xerais. Participan Silvana Castro, Manuel Bragado e o propio autor.
– 20:15 h. Sinatura das súas obras por parte de Xosé Neira Vilas.
– 20:30 h. Conversa con Ignacio Silva, autor de Cara B, e Rosalía Fernández Rial, autora de Átonos.

O programa completo pódese descargar aquí: Praza dos Libros Carballo 2011.

Carballo: actividades do xoves 25 de agosto na Praza dos Libros

Dentro da Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, que se desenvolverá entre o xoves 25 e o domingo 28 de agosto no Xardín Municipal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o xoves 25 de agosto:

– 13:00 h. Pregón a cargo de Rosalía Fernández Rial, coa participación de Mar Eirís e Evencio Ferrero.
– 19:30 h. Presentación do libro de relatos Madeira de mulher, de Adela Figueroa, publicado en Edicións do Castro. No acto estará acompañada por Celsa Sánchez, Paco Graña e a música de O Mighelo.
– 20:30 h. Presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto participan, acompañando ao autor, Xosé Regueira, Manuel Bragado e Luz Cures.

O programa completo pódese descargar aquí: Praza dos Libros Carballo 2011.

Monforte: actividades destacadas do xoves 25 na Feira do Libro

A XIV edición da Feira do Libro de Monforte, aberta desde o mércores 24 ao sábado 27 de agosto, na rúa Cardeal, con horarios entre as 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas, contará cos seguintes actos destacados para o xoves 25:

– 19:00 h. Cándido Pazó ofrecerá o monólogo humorístico Cunqueiradas, baseado en textos de Álvaro Cunqueiro.
– 20:30 h. Presentación dos libros Noutra dimensión, publicado en Galaxia, e Onde houbo lume, publicado en Biblos Clube de Lectores, de Marica Campo, a cargo da propia escritora.

Monforte: actividades máis destacadas do mércores 24 na Feira do Libro

A XIV edición da Feira do Libro de Monforte desenvolverase do mércores 24 ao sábado 27 de agosto, na rúa Cardeal, con horarios entre as 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas. Os actos máis destacados do mércores 24 son os seguintes:

– 19:30 h. Pregón da Feira a cargo de Marcos Calveiro.
– 20:30 h. Mesa redonda sobre Lois Pereiro, coa participación de Xosé Manuel Pereiro, Manuel Bragado, Jacobo Fernández Serrano, Iago Martínez e Marcos Calveiro.

Viveiro: actividade máis destacada do martes 16 na Feira do Libro

Remata a 15º Feira do Libro de Viveiro, que se celebra nos Xardíns Noriega Varela até o martes 16 de agosto, con horarios de 12:00 a 14:00 h. polas mañás e de 18:00 a 22:00 h. polas tardes.

A actividade máis destacada deste último día é a seguinte:
– 20:30 h. Presentación do libro A vida fóra, de Miguel Sande, publicado en Galaxia. Xunto ao autor participa no acto Carlos Nuevo.