O 9 de agosto, na Feira do libro da Coruña (xardíns de Méndez Núñez) ás 19 horas, o escritor Antón Riveiro Coello asinará na Coruña exemplares da súa última novela Os ollos de K (Editorial Galaxia).
Arquivo da categoría: Feiras do Libro
Xosé Carlos Caneiro e Manuel Rivas na Feira do libro da Coruña
O día 8 de agosto ás 20 horas o escritor Xosé Carlos Caneiro ofrecerá un recital literario-musical sobre o seu libro A vida nova de madame Bovary (Edicións Xerais), acompañado á guitarra por Xosé Manuel Salgado.
Ás 21 horas terá lugar a conferencia de Manuel Rivas “A odisea coruñesa”, con motivo do ciclo “Marinedas, cidades e literatura”.
Olga Patiño Nogueira na Feira do libro da Coruña
O 7 de xullo ás 19:00 Olga Patiño Nogueira asinará exemplares do seu libro Tempo en desuso (Edicións Espiral Maior).
Lino Braxe na Feira do libro da Coruña
O día 6 de agosto ás 21:00 Lino Braxe, Pablo González Marinhas e Alexandrina Fernández Otero presentarán o seu libro Caderno de notas de Xenaro Mariñas del Valle (Edicións A Nosa Terra).
Ánxeles Penas, Xosé Abeal e Xosé Manuel Cairo Antelo na Feira do libro da Coruña
O 6 de agosto Ánxeles Penas, Xosé Abeal e Xosé Manuel Cairo Antelo asinarán exemplares dos seus libros ás 20:30.
Xosé Neira Vilas na Feira do libro da Coruña
O 6 de agosto na Feira do Libro da Coruña (xardíns de Méndez Núñez) Xosé Neira Vilas asinará exemplares das súas obras ás 19 horas na caseta de información.
Xosé Manuel Beiras na Feira do libro da Coruña
O 6 de agosto ás 20:00 Xosé Manuel Beiras presentará o seu libro Por unha Galiza liberada e novos ensaios (Editorial Espiral Maior). Participará no acto Xosé María Álvarez Cáccamo.
Antón Reixa na Feira do libro da Coruña
O 5 Agosto 2008 Antón Reixa presentará o seu libro de poemas Látego de algas (Editorial Espiral Maior) na Feira do libro da Coruña. Será ás 19:00 e contará coa presenza do editor Miguel Anxo Fernán Vello.
Marcos Calveiro, Agustín Fernández Paz e Luís González Tosar na Feira do libro da Coruña
Na Feira do Libro da Coruña (xardíns de Méndez Núñez), ás 20 horas Edicións Xerais de Galicia presenta Festina Lente, de Marcos Calveiro. No acto intervirán Óscar Sánchez, Manuel Bragado e o autor.
Ás 20:30 horas o escritor Agustín Fernández Paz asina na Coruña exemplares do seu último libro, O único que queda é o amor (Edicións Xerais de Galicia).
Ás 21 horas Luís González Tosar presenta o seu poemario Estúrdiga materia (Editorial Galaxia) acompañado por Miguel Anxo Fernán-Vello, Luciano Rodríguez e Víctor Freixanes.
Marcelino Fernández Mallo na Feira do libro da Coruña
Marcelino Fernández Mallo asinará exemplares da súa novela A trenza (Editorial Ézaro). Será o martes 5 de agosto ás 19:00, na caseta de información.
Con esta obra a editorial estrea a súa colección de literatura galega.