«A Fundación Xosé Neira Vilas presentou hoxe a IV convocatoria do premio de poesía infantil en lingua galega ‘Arume’, dotado con mil euros, coa fin de fomentar a creación lírica dirixida á poboación escolar. Nela poderán participar persoas de calquera nacionalidade que presenten textos inéditos escritos en galego antes do 31 de outubro.» (xeraciónweb) Aquí as bases do premio.
Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
Presentación en Compostela do “Catálogo de literatura infantil e xuvenil” da Fundación Germán Sánchez Ruipérez
O martes 10 de xullo, ás 12:30 horas no Salón de Actos do Centro Sociocultural O Ensanche (Frey Rosendo Salvado, 14-16 baixo, Santiago de Compostela), terá lugar o acto de presentación do Catálogo de Literatura Infantil e Xuvenil da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. (GÁLIX)
Gadis repartirá 8.000 exemplares d’ «O xabaril branco», de Tucho Calvo
“Gadis repartirá entre os seus clientes oito mil exemplares da novela xuvenil O xabaril branco, unha historia escrita por Tucho Calvo e ilustrada por Miguelanxo Prado. Nos establecementos que a cadea de alimentación ten en León distribuirase a tradución ao castelán do libro. Gadis quere así fomentar a lectura entre os máis novos, e regalará o libro a todos aqueles que fagan unha compra superior aos 30 euros ata que se acaben as existencias da novela.” (La Voz de Galicia)
Presentación n’ A Coruña de “Punver”, de Yolanda Castaño
Mañá sábado día 16, ás 12:30, preséntase Punver, o último libro da escritora Yolanda Castaño. Será na Biblioteca Municipal Infantil Xuvenil (r/ Durán Loriga, 10 – baixo), “nun acto aberto a todo o público interesado, en especial aos máis pequenos, a partir de 3 anos. A actividade está pensada coma un contacontos moi participativo a cargo de Yolanda Castaño, seguido dun obradoiro de pintura no que os nenos e nenas poderán gozar con Punver da man do ilustrador Eduardo Hermida.”
Ditaminados os Premios Xerais 2007
Presentación en Ferrol de “Tartaruga”, de Xaquín Marín
A presentación do libro Tartaruga, de Xaquín Marín (Baía Edicións), terá lugar en Ferrol o martes 12 de xuño ás 20:00 horas na carpa da Feira do libro (Cantóns de Molins). Intervirá, ademais do autor, o escritor Antón Cortizas.
Presentación en Viveiro de “Farrapos de nube”, de Xoán Neira
O mércores 6 de xuño, ás 20:30 horas, presentarase o libro Farrapos de nube, poemario infantil de Xoán Neira publicado por Baía Edicións. O acto, organizado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro na aula de Caixa Galicia de Viveiro, contará coa intervención, ademais do autor, de Carlos Nuevo, Emilio Xosé Insua. Tamén será ofrecido un recital poético musical a cargo de nenas e nenos do Cep. Lois Tobío.
Presentación d'”O son das buguinas” en Vigo
O mércores 23 preséntase na Casa do Libro de Vigo O son das buguinas, libro-dvd colectivo sobre a tsunami (Implicadas/os no Desenvolvemento e Edicións Xerais de Galicia). Contarase coa presenza de Fran Alonso, Dolores Ruíz e María Reimóndez.
Presentación d’ “A saga de San Ferreol”, de Ramón Loureiro
No Ateneo Ferrolán, o xoves 10 de maio ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro A saga de San Ferreol, con texto de Ramón Loureiro e ilustracións de Francisco Pérez Porto.
A Semana das Letras da Galería Sargadelos de Ferrol
O luns 7 de maio, de 12:00 a 13:30 horas, terá lugar a presentación do libro de Fina Casalderrey A lagoa das nenas mudas, editado por Xerais. No acto, enmarcado dentro da Campaña Educar para ler, intervirán a autora e Manuel Bragado, director de Edicións Xerais.
O mesmo luns 7 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Textos filosóficos-políticos de Ramón Vilar Ponte, editado polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. O acto, en colaboración coa Asociación Cultural Medulio, será presentado por Elia Rico e Pilar García Negro, autora da introducción do libro.
O martes 8 de maio, ás 20:00 horas, o Grupo Gadisa celebrará o Día das Letras Galegas presentando o libro de José Díaz Dopico A noite de Reis, editado por Gadisa. O libro será presentado por Perille, Xosé María Dobarro, Antonio Cortés e Ana Lago, e contaremos coa presenza ademais do
autor e do artista Xosé María González Collado, ilustrador da obra.
O xoves 10 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar unha mesa redonda sobre o uso do galego na ESO. No acto intervirán Eduardo Fra Molinero e Bernardo Máiz, profesores do IES Concepción Arenal e Anxos García Fonte, profesora do IES de Mugardos.
O venres 11 de maio, de 16:00 a 21:30 horas, terá lugar unha gravación en vídeo e unha sesión fotográfica da lectura de poemas clásicos e propios dos socios da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Ferrolterra: Tucho Calvo, Francisco Pillado, Antón Cortizas, Rosa Méndez, Antonio Yáñez, Arturo Casas, Carmen Sotelo, Medos Romero, Xosé Leira, Ramón Loureiro, Alexandre Ripoll Anta, Xavier López, María Xosé Lamas…