(Xornal)
Arquivo da categoría: Internacional
A Coruña: conferencia sobre Israel-Palestina, a cargo de Lois Diéguez
O
venres 12 de novembro, a partir das 20:00 h., en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22), na Coruña, terá lugar unha conferencia, ilustrada de imaxes, sobre Israel-Palestina: o pasado, a situación hoxe, visión persoal do escritor Lois Dieguez, a raíz da última viaxe realizada por un grupo do colectivo de Amigos dos Museos de Galicia.
Presentación de Made in Galiza, de Sechu Sende, en Istambul
(Galaxia)
Londres: Yolanda Castaño participa no International Poetry
O
domingo 7 de novembro escoitarase poesía en galego en Londres na voz de Yolanda Castaño, quen recitará na capital británica no marco do Poetry International 2010. Será en St. Paul’s Pavilion – Royal Festival Hall, Southbank Center, e estará acompañada por Antonella Anedda, Emmanuel Moses e Haris Vlavianos.
Publican en inglés unha nova antoloxía con até 300 textos da literatura galega
Domingo Villar no “Mord am Hellweg” de Alemaña
Agustín Fernández Paz candidato ao premio Astrud Lindgren
(Xerais)
Frankfurt: presentación da Antoloxía da literatura galega, 1196-1981, de Jonathan Dunne, na Feira do Libro
O venres 8 de outubro, ás 13:00 h., no stand da AGE (Pavillón 5.1. Stand C945) dentro da Feira do Libro de Frankfurt, preséntase a Antoloxía da literatura galega, 1196-1981, de Jonathan Dunne, publicado por Galaxia.
Vinte editoras galegas presentarán as súas novidades na Feira do Libro de Frankfurt
Santiago: presentación de To the Winds Our Sails e recital de poetas de Galicia e Irlanda
O
venres 1 de outubro de 2010 ás 19:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela, preséntase o libro To the Winds Our Sails, antoloxía de poetas galegas feita por autoras irlandesas, editado por Mary O’Donnell e Manuela Palacios en Salmon Books. No acto desenvolverase un recital de poesía presentado por Olivia Rodríguez, no que participarán: Luz Pozo Garza, Mary O’Donnell, Ana Romaní, Maurice Harmon, Chus Pato, Lorna Shaughnessy, Marilar Aleixandre, Xiana Arias, Luz Pichel, María Lado e María do Cebreiro. Colaboran a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega), o Ministerio de Educación e Ciencia (Proxecto Us and Them (FFI2009-08475/FILO)) e o Grupo de investigación Discourse and Identity (GI 1924).