Arquivo da categoría: Lectura
Pastoriza (Arteixo): Rimando e xogando con Manuel María, por Ana Hermida (Lisístrata Asociación)
O xoves 18 de febreiro, ás 18:50 horas, na Biblioteca Miguel Sande, de Pastoriza, Arteixo, terá lugar a actividade Rimando e xogando con Manuel María, coa que se renderá unha homenaxe a Manuel María, neste seu ano das Letras Galegas. O autor chairego será obxecto de lecturas, xogos, rimas, cancións… Unha maneira de achegar ao público infantil o seu traballo e a súa figura que estará nas voces de Ana Hermida e das nenas e nenos de entre 4 e 11 anos que por alí se acheguen. Haberá pequenos xoguetes poéticos cheos de entretemento, versos que ás veces son cantados, historias unhas, con actividades para a infancia e outras nas que interactúan coa contadora.”
Compostela: conversa con María López Sández arredor de O faro escuro
Pontevedra: lectura, presentación e coloquio arredor de O último día de Terranova, de Manuel Rivas
O
xoves 4 de febreiro, ás 20:00 horas, na Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9-11, a carón do Teatro Principal), en Pontevedra, terá lugar a lectura, presentación e coloquio arredor da novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas, publicada en Xerais. No acto, organizado pola editora e o Ateneo de Pontevedra, participan, xunto ao autor, Carmen Durán (directiva do Ateneo), Héctor Blanco (músico) e Manuel Bragado.
A Coruña: lectura pública de poesía de Lois Diéguez
A Estrada: Homenaxe a Balbino. Na lembranza de Xosé Neira Vilas
As persoas interesadas poden inscribirse aquí para participar na lectura.
Carballo: lectura, presentación e coloquio arredor de O último día de Terranova, de Manuel Rivas
O
xoves 28 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo (Rúa Bos Aires, s/n), terá lugar a lectura, presentación e coloquio arredor da novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas, publicada en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Manuel Bragado.
Vigo: Elena Gallego Abad no Club de lectura Voar cos libros
Calendario do Libro e da Lectura 2016
Gondomar: Elvira Ribeiro, no Clube de Lectura Lendo Contigo, con PAlAbrAs brAncAs
O
sábado 19 de decembro, ás 12:00 horas, na Biblioteca de Gondomar, terá lugar unha nova sesión do Clube de Lectura compartida Lendo Contigo, onde o público asistente se mergullará na poesía coa obra PAlAbrAs brAncAs e coa compaña da súa autora, Elvira Riveiro. O Lendo Contigo está aberto a nenos e nenas a partir de 7 anos e ás súas familias.




