O martes
4 de outubro, ás 20:00 horas, na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, 21-24) da Coruña, con entrada libre, terá lugar a conferencia Angola e Galiza, Língua, pronunciada polo profesor da Universidade de Santiago de Compostela Benevides Eculica Maurício, dentro do ciclo Lingua, Literatura e Nación da A. C. O Facho.
Arquivo da categoría: Lusofonía
A Asociación Galega de Editores participa na Bienal do Livro de Rio de Janeiro
“A
Asociación Galega de Editores participa por terceira vez na Bienal do Livro de Brasil, evento que ten lugar nas dúas cidades punteiras dese enorme e emerxente estado: São Paulo e Rio. No ano 2008 a AGE mantivo unha rolda de negocios cos editores brasileiros na que contou coa inestimable axuda e colaboración da Cámara Brasileira do Livro e da responsable do proxecto APEX para ese sector, Dolores Manzano. Daquela, 8 editores galegos viaxaron nunha misión da Cámara de Comercio de Pontevedra, contando coa colaboración dun técnico do IGAPE, que participou tamén no desenvolvemento da axenda de traballo. A exposición de libros tivo lugar no stand da FGEE. Nesta ocasión a AGE estará representada pola Vicepresidenta da entidade e directora de Baía Edicións, Belén López, amais de editores de Kalandraka Editora e OQO Editora. Expoñen libros no módulo da AGE, dentro do stand compartido pola FGEE e o ICEX: Editorial El Patito, OQO Editora, Editora 2.0, Baía Edicións, Edicións Embora e Edicións Toxosoutos. Belén López vaise entrevistar con diversos axentes do sector do libro e contará coa visita dun pequeno colectivo de descendentes de galegos, algúns deles empresarios de divesos sectores. A editora tamén realizará xestións para incrementar a relación iniciada no ano 2008. (…)”. Vía AGE.
Santiago: actividades literarias do domingo 24 no Festigal 2011
Na
Galería das Letras do Festigal 2011, que se celebrará no Campus Universitario Sul de Santiago de Compostela, desenvolveranse as seguintes actividades literarias o domingo 24 de xullo:
– 16:30 h. Presentación do libro O mundo secreto de Basilius Hoffman, de Fernando Cimadevila e Iván Valladares, publicado en Urco Editora. Falam Fernando Cimadevila e Tomás González Ahola.
– 17:15 h. Presentación do libro Poemas no faiado. Antologia de Poesia lusófona para crianças, de varios autores. Falan Gemma Fernández e José Antom Serém (coordenadores do livro).
– 17:45 h. Presentación do libro Cartas do Cárcere de Antonio Gramsci, publicado en Estaleiro.
– 18:30 h. Presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. Acompañan ao autor Dalila Dopazo, Anxo Louzao, Carlos Outeiro e Manuel Bragado.
– 19:15 h. Presentación do libro Ecolingúística, entre a Ciencia e a Ética, de Teresa Moure, publicado na editora UDC. Intervirán: Teresa Moure e Marga do Val.
– 21:30 h. Presentación da Biblioteca H. P. Lovecraft (colección de libros, dos que haberá 3 editados), publicados en Urco Editora. Falarám Tomás González Ahola e Denís Fernández Cabrera.
Cándido Pazó leva Memorias das memorias dun neno labrego, baseado no texto de Xosé Neira Vilas, a Río de Janeiro
“A
escena galega amosarase por vez primeira no Festival de Teatro en Língua Portuguesa (FESTLIP) de Río de Xaneiro mediante 4 funcións do espectáculo Memoria das memorias dun neno labrego, un monólogo escénico-narrativo co que Cándido Pazó rende homenaxe ao libro de Xosé Neira Vilas no 50 aniversario da súa primeira publicación. A Agadic da Consellería de Cultura e Turismo e o Consello da Cultura Galega (CCG) copatrocinan a presenza da compañía Abrapalabra Creacións Escénicas con esta montaxe na cuarta edición deste importante encontro tearal que se desenvolve do 20 ao 30 de xullo na cidade brasileira. O espectáculo, dirixido e interpretado polo propio Pazó, onde ofrecerá un total de 4 representacións en distintos escenarios do FESTLIP, concretamente os días 23 e 24 no Teatro Municipal Carlos Gomes e os días 30 e 31 no Teatro Ziembinski. A proposta galega súmase deste xeito á ducia de montaxes procedentes de Portugal, Angola, Mozambique, Cabo Verde e Brasil que integran unha carteleira de máis de 40 escenificacións. O Festival, destinado fundamentalmente a promover o intercambio teatral entre países de lingua portuguesa, presenta unha intensa programación que se completa con mesas de traballo e debate, unha exposición fotográfica, concertos e unha mostra gourmet.” Vía Xornal de Galicia. Tamén en Cultura Galega.
Participación galega no I Encontro de Escritores da Lusofonia, no Palácio da Brejoeira
Do
venres 29 ao domingo 31 de xullo, no Palácio da Brejoeira de Monção (no Alto Minho) terá lugar o I Encontro de Escritores da Lusofonia, onde “Escritores, músicos, criadores… pessoas de diferentes âmbitos da cultura e das artes vão reflectir sobre a realidade da lusofonia (tentando fugir dos tópicos), sobre as novas tecnologias e a sua relação com a literatura e as artes em geral, e sobre os movimentos do chamado Altermundo (ecoloxismo, empreendedorismo, antibelicismo, feminismo, decrescimento…) e a relação/situação das artes no mundo contemporâneo”. As inscricións pódense realizar aquí. Este é o programa, do que destacamos a participación galega:
* Sexta feira, 29 de xullo:
– 10:30 h. Tras o inicio do Encontro, presentación de Noente Paradise (Ugia Pedreira, Raquel Miragaia e Marina Oural).
– 16:00 h. Palestra: A Lusofonia ‐ uma realidade em construção permanente, coa presentación musicada de Cantos Lusófonos, Cancioneiro galego-português-brasileiro, de José Luís Do Pico Orjais, e a intervención de Carlos Quiroga, entre outros, e posterior debate a partir das 17:30 h.
* Sábado, 30 de xullo:
– 16:00 h. Baixo a moderación de Santiago Veloso, presentación do libro-disco Cores do Atlântico, e intervencións de Iolanda Gomis e Séchu Sende, entre outros, con debate posterior ás 17:30 h.
– 18:30 h. Monólogo teatralizado de Quico Cadaval.
– 22:00 h. Concerto Poesia nas Margens com Aline Frazão, Fred Martins e Ugia Pedreira.
* Domingo, 31 de xullo:
– 10:00 h. Intervencións sobre Os movimentos Altermundistas e a sua relação com a literatura (ecologismo, feminismo, empreendedorismo social, antibelicismo…), baixo a moderación de João Guisan Seixas.
– 16:30 h. Proseguen as intervencións, baixo a moderación de Lourdes Carita, entre outros, de Carlos Taibo e Iolanda Zúñiga.
– 21:00 h. Concerto de João Afonso e Uxía.
Crónica posterior de Séchu Sende no seu blog.
Santiago: presentación de Breve Antologia Poética, de Ernesto Guerra Da Cal
A
cuarta feira, 6 de xullo, ás 20:30 horas, no Centro Social A Gentalha do Pichel, (Rúa Santa Clara, nº 21) de Santiago de Compostela, preséntase a Breve Antologia Poética de Ernesto Guerra da Cal, editada por Carlos Durão, e da páxina dedicada ao centenario do escritor. No acto, organizado pola Associação Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa, dentro de éMundial, no que a AGAL celebra os trinta anos da súa existencia, intervirán Concha Rousia e Joám Evans.
O vínculo luso de Curros, na Casa dos Poetas
Santiago: Ato de homenagem a Ernesto Guerra da Cal
A
Academia Galega da Língua Portuguesa celebra o Centenário Guerra da Cal (1911-1994), cunha homenaxe o 17 de maio en Compostela e a apertura dunha páxina dedicada ao autor:
“O vindouro dia 17 de maio, Dia das Letras Galegas, às 11:30 em Compostela, diante do monumento a Ricardo Carvalho Calero, terão lugar os atos comemorativos neste dia de celebração em torno da nossa língua. O monumento está situado na rua lateral de entrada à Alameda de Compostela (entre a Alameda e a Rua Carreira do Conde). Neste sinalado dia terá lugar a merecida homenagem ao nosso professor galego de mais prestígio internacional, autor duma viçosa obra devotada à nossa comum cultura galego-portuguesa, para a qual viveu e pela que padeceu até morrer no exílio, consequente com as suas ideias e firmes ideais, sem por isso se iportar com ser sempre proscrito na sua pátria, e até maldito pelos que nela detêm ainda o poder. A continuação terá lugar uma leitura de poemas, seguida da lelitura de um manifesto à sociedade galega sobre a necessidade de apanhar o caminho certo para afrentarmos com êxito os nossos problemas linguísticos e culturais. Encerrado o ato, realizará-se um Roteiro de língua e história pelas ruas de Compostela, sob a orientação do Doutor André Pena Granha de participação livre e duração aproximada de uma hora.”
Braga: Dia Galaico-Minhoto na Feira do Livro
O
sábado 7 de Maio desenvólvese o Dia Galaico-Minhoto na Feira do Livro de Braga, co seguinte programa:
– 15:00 h. Presentación da obra Ayes de mi País, o primeiro e até agora inédito cancioneiro de música popular galega, unha compliación feita por Marcial de Valladares a mediados do século XIX. Editado e presentado por José Luís do Pico Orjais e Isabel Rei Sanmartin.
– 16:00 h. Mesa de escritoras e escritores da Galiza, que darán visibilidade á literatura galega na Feira. Coa presenza de Carlos Quiroga, Séchu Sende, Lucía Novas, Andrea Nunes Brións, Raquel Miragaia, Román Raña, Marilar Aleixandre, Mario Regueira e Marta Dacosta, esta última como representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Coa intervención musical da cantora galega Uxía e o músico brasileiro Sérgio Tannus.
– 20:00 h. Encontro de escritoras e escritores da Galiza e do Minho nunha cea ofrecida pola Feira do Livro e que permitirá estabelecer e estreitar relacións aos dous lados da Raia. Neste encontro participarán os profesores Elias Torres Feijóo pola Universidade de Santiago de Compostela e Carlos Cunha pola Universidade do Minho. Estará amenizado por Uxía e Sérgio Tannus.
– Ás 18:30 h., no Salão Nobre do Edifício dos Congregados, terá lugar unha conferencia-concerto de José Luis do Pico Orjais e Isabel Rei Sanmartin sobre a edición crítica do primeiro e até agora inédito cancioneiro de música popular galega, Ayes de mi País, unha compilación feita por Marcial de Valladares no século XIX e da que interpretarán algúns temas.