A Coruña: Roteiro Literatura e música: Banda Sonora da Pescaría, con Alberto Pombo, o domingo 21 de setembro

O Roteiro Literatura e música: Banda Sonora da Pescaría é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña, que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

Alberto Pombo, escritor, profesor e músico, propón un camiño pola memoria da Pescaría, entre o salitre e a pedra. Un paseo onde a música e a palabra se entrelazan coas rúas vellas, descubrindo os fitos que fixeron da cidade un epicentro do rexurdir literario nacional e da conciencia cultural dun pobo.

Terá lugar o o domingo 21 de setembro, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída será a Praza de San Nicolás. Non é necesaria inscrición previa.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

O escritor Amador Castro leva o galego a Islandia

Desde a Radio Galega:
Amador Castro Moure asiste nunha vila nórdica, de apenas 200 habitantes, a unha residencia literaria impulsada pola Deputación de Lugo. O obxectivo da iniciativa é apoiar a creación en galego e enriquecer o perfil internacional dos escritores e das escritoras da provincia. O autor, nacido na Ribeira Sacra, pero emigrado de moi novo a Barcelona, aproveita para traballar no seu próximo libro, unha reflexión sobre o valor e as funcións da arte. A entrevista pode escoitarse aquí.”