O vindeiro venres, 16 de outubro, ás 20:30 horas presentarase na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia O recendo das mimosas, o primeiro libro de relatos de Agustín Agra. No acto o autor estará acompañado de Xosé Ricardo Losada e Manuel Bragado. O acto esta coorganizado pola Asociación Cultural Barbantia e Xerais.
Arquivo da categoría: Narrativa
Santiago: presentación de O trasmundo de Antioquía
O escritor Rafael Laso presentará este este xoves día 15 de outubro a súa novela O Trasmundo de Antioquía na librería Couceiro de Compostela (Praza de Cervantes). Durante o acto, que dará comezo ás 20:00 h o escritor achegará ao público esta novela ambientada na lagoa de Antela e as terras de Xinzo.
Santiago: presentación de Pirata de María Reimóndez
Hoxe mércores, 14 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago presentarase Pirata, a máis recente novela de María Reimóndez. Acompañarán á autora o músico Xabier Díaz e a escritora Marilar Aleixandre.
Corcubión: presentación da novela Escapado de Luis Lamela
A novela Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón será presentada en Corcubión. O acto, organizado pola concellaría de Cultura e Deportes do Concello, contará coa participación do alcalde Francisco Javier Lema Fuentes e o autor Luis Lamela, e terá lugar o vernes, día 16 de outubro na Casa de Cultura.
Autores lusófonos procuram-se
Compartimos convosco esta información publicada na páxina portuguesa Fantástico:
A Antagonista Editora está a preparar uma colecção de novelas literárias de Ficção Científica e de Terror Fantástico para lançamento no primeiro semestre de 2010, estamos a aceitar manuscritos originais em formatos compatíveis com o Word (ou em formato .pdf), num mínimo de 34 páginas em formato A4, letra tamanho 10. Daremos resposta (negativa, ou positiva tendo em vista o início das negociações do contrato de edição) a todos os escritores que nos submeterem os seus manuscritos. Aceitamos submissões de todos os países lusófonos e ainda da Galiza, de Goa e de Macau. [Ler información completa]
Morreu Daniel Cortezón
O pasado domingo faleceu no Hospital Xeral de Lugo o dramaturgo e prosista galego Daniel Cortezón Álvarez, nacido en Ribadeo (Lugo) o 6 de febrero de 1927. Entre as súas obras debemos destacar os títulos Xelmírez ou a gloria de Compostela, As covas do rei Cintolo, Pedro Madruga e Prisciliano ou a novela A vila sulagada, gañadora do primeiro premio Blanco Amor.
A Coruña: presentación do libro Escapado
A novela, Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, será presentada na Coruña. O acto, que contará coa participación de Emilio Grandio, Carlos Echevarría, Manuel Bragado e o autor Luis Lamela, terá lugar o vindeiro vernes, 9 de outubro, ás 20 horas na Galería Sargadelos, rúa Real, 56, da Coruña.
A Coruña: Tucho Calvo presenta o seu novo libro

O venres día 25 ás 20 horas preséntase en Ámbito Cultural de El Corte Inglés de A Coruña o novo volume da colección Mandaio de Biblos, o libro de relatos de Tucho Calvo Corazón entre desertos. Co autor estarán tamén o cineasta e crítico Raúl Veiga e o escritor e crítico Xulio Valcárcel.
Vigo: presentación da novela Mercurio
Este venres 25 de setembro ás 20 horas preséntase na Casa do Libro (rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo) a novela Mercurio de Emilio Alonso, Premio La Voz de Galicia de Novela por Entregas 2008. O acto contará coa participación do autor e do editor, Manuel Bragado.
Baiona: xornada de actividades arredor d’O libro das viaxes imaxinarias
Organizada polo club de lectura Gálix. Tendendo redes, o sábado 26 de setembro desenvolverase en Baiona e arredores unha xornada de actividades que baixo o lema de Por mares de tinta e cantos de serea xirará arredor da obra O libro das viaxes imaxinarias de Xabier Docampo e Xosé Cobas. A xornada está organizada por Gálix, coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoranos e de Xerais. O prezo por persoa é de 44 euros, incluíndo a viaxe na goleta, picnic e participación nos talleres. As persoas interesadas en participar na xornada poden solicitar a súa inscrición no correo electrónico coa secretaría de Gálix ou chamando aos teléfonos 650 93 89 72 ou 981 58 98 83. A data límite de inscrición é o 21 de setembro. [Vía Xeraisblog]