A Biblioteca Pública da Coruña “Miguel González Garcés” convida á presentación do libro Cachiños do meu cerne (Toxosoutos), de Fuco Paz Souto. A presentación correrá a cargo de J. Javier Pintor Elizalde no Salón de Actos da Biblioteca o xoves 18 de decembro ás 20:00.
Arquivo da categoría: Narrativa
A Coruña: presentación do libro co guión do filme Os mortos van á présa, de Ángel de la Cruz
O día 4, ás 13:30 en Culturgal (Palexco), terá lugar a presentación do libro co guión do filme Os mortos van á présa, de Ángel de la Cruz. Estará el e algunha actriz ou actor, e proxectarase un avance do filme.
A Coruña: presentación da novela Memoria de cidades sen luz, de Inma López Silva
O xoves 4 de decembro, ás 20:00 no Palexco, no marco do Culturgal, terá lugar a presentación na Coruña da novela Memoria de cidades sen luz, de Inma López Silva.
Os autores de Vieiros en formato dixital
No lombo do atlántico é un libro en formato .pdf que recolle os doce relatos inéditos co mar como protagonista escritos este verán polos autores de Vieiros. Entre eles e elas figuran Alexandre Nerium, Marta Dacosta, Xosé Neira Vilas, Xurxo Souto, Rexina Vega, Xabier Paz, Francisco Fernández Naval, Xosé Vázquez Pintor, Agustín Fernández Paz e Suso de Toro.
O escritor anglosaxón Bali Rai percorrerá os institutos galegos ao longo da próxima semana
O escritor, que ten no seu haber preto dunha vintena de títulos, algúns de tanta repercusión coma Rani & Sukh ou The crew e prestixiosos premios coma o “Brandford Boase Award Shorlist” ou o “Angus Book Award”, percorrerá ao longo da próxima semana os centros educativos da Coruña, Sada, Arteixo, Silleda, Catoira, Boiro e Santiago de Compostela para partillar cos rapaces e rapazas a súa experiencia de fillo de emigrantes hindús -punxabis- e os seus problemas de integración dentro dunha cultura tan diferente como é a anglosaxona. Este diálogo cara a cara cos rapaces terá como punto de partida a presentación do seu libro Un casoiro ben mal amañado, editado recentemente por Sotelo Blanco. A obra, destinada a un público xuvenil, retrata, cunha linguaxe áxil e sen complexos, o conflito que representa para un rapaz adolescente desafiar as ríxidas estruturas patriarcais da cultura punxabi e forxarxe a si mesmo para procurar a propia identidade. (Sotelo Blanco Edicións)
Compostela: presentación de Sar, Sarela e os monstros de Compostela, de Paco López-Barxas e Kiko Dasilva
O escritor Paco López-Barxas e o ilustrador Kiko Dasilva, autores de Sar, Sarela e os monstros de Compostela, manterán hoxe un encontro con escolares dos colexios Raíña Fabiola e Colexiata do Sar, aos que van explicar o proceso creativo desta obra, publicada por KALANDRAKA en colaboración co Consorcio de Santiago e co Concello. Ao acto, a partir das 11:30 horas na Galería Sargadelos, asistirán tamén o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e representantes do Consorcio.
A Coruña: contacontos para adultos en galego e inglés
O 12 de novembro, ás 20:00 na Biblioteca Pública da Coruña “Miguel González Garcés”, terá lugar a sesión de oral de contos para adultos “Fiando contos”, con Charo Pita e Tim Bowley. Ofrecerán narracións en galego e inglés de distintas culturas do mundo.
Faleceu Camilo Gonsar
A Coruña: Presentación do libro O libro das viaxes imaxinarias, de Xabier Docampo e Xosé Cobas
O xoves 13 de novembro, ás 20:00 na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, terá lugar a presentación do libro O libro das viaxes imaxinarias, de Xabier Docampo e Xosé Cobas. Tamén será inaugurada unha exposición coas ilustracións de Xosé Cobas. (Biblioteca Pública Nodal Miguel González Garcés)
A Coruña: presentación do libro Renacer, de Xabier Paz
O venres 31 de outubro, ás 20,00 horas na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) terá lugar a presentación do libro Renacer, de Xabier Paz. O acto, que contará coa participación de Juana Otero Gómez, Manuel Bragado e o autor.
