A presentación d’ O alento da musa de Alberte Momán terá lugar na Livraria Torga (Rúa da Paz 12, Ourense) o día 12 de abril ás 20:00 horas. Contará coa presenza do autor e de Xavier Paz, editor da Difusora de Letras Artes e Ideas.
Arquivo da categoría: Narrativa
Comezan hoxe os “Martes literarios” da galería coruñesa de Sargadelos
Comezará o acto ás oito da tarde e contará coa presenza de Luz Pozo. (El Ideal Gallego)
Galería Sargadelos de Ferrol: «Educar para ler»
A Galería Sargadelos Ferrol informa de que comezan as actividades da campaña de animación á lectura «Educar para ler», con encontros entre alumnos de centros de ensino de Ferrolterra e os autores dos libros seleccionados polos propios centros educativos con motivo desta campaña.
O venres 27 de abril ás 17:30 horas contarán coa presenza de Yolanda Castaño e Eduardo Hermida, escritora e ilustrador do libro Punver. No acto os autores realizarán un obradoiro con música e dramatización da obra.