“O libro das viaxes imaxinarias”, escrito por Xabier P. Docampo e ilustrado por Xosé Cobas, logo virá á luz en Edicións Xerais. Vía: blogue Días estranhos.
Arquivo da categoría: Poesía
Francisco X. Fernández Naval en Culleredo e na Coruña
O mércores día 22, ás 20,00 horas na biblioteca Uxío Novoneyra de Vilaboa-Culleredo, terá lugar un recital poético de Francisco X. Fernández Naval. Participarán no acto tamén Celestino Poza e Carlos Martínez.
O xoves día 23, ás 20,00 horas na biblioteca Miguel González-Garcés da Coruña, o escritor ofrecerá a conferencia AS CREBAS, CULTURA DO REFUGALLO DO MAR, con proxección de imaxes de Maribel Longueira.
Ferrol: presentación de Ferrol e o que queda por chover, de Alberte Momán
O xoves 23 de outubro, ás 20:00 na Galería Sargadelos de Ferrol (Rubalcava, 30-32, 15402 Ferrol), terá lugar a presentación de Ferrol e o que queda por chover, de Alberte Momán. O evento contará coa presenza do propio autor e de Melba Couto, mestra de literatura e lingua galegas no IES Sofía Casanova.
O Grupo Ouriol en Montevideo
«O grupo Ouriol, formado pola poeta Eva Veiga e os músicos Bernardo Martínez e Fito Ares, aterrou en Montevideo o pasado 9 de outubro. Diversas actuacións levaron a poesía galega de todos os tempos por distintos espazos da cidade, algúns vinculados coa colectividade galega e outros, como a Feira Internacional do Libro, abertos a todo tipo de público. Dúas cousas quedaron claras en todas as actuacións: a vixencia da identidade cultural en todos os descendentes de galegos, e a calidade do público uruguaio.» (A Nosa Terra)
Ferrol: presentación de Xanela aberta, de Adela Figueroa Panisse
O xoves 16, ás 20:00 na Galería Sargadelos de Ferrol, terá lugar a presentación do libro Xanela aberta, de Adela Figueroa Panisse. Presenta o acto Francisco Rodríguez.
Comunicado da AELG no pasamento de Ramiro Fonte
A Asociación de Escritores en Lingua Galega lamenta profundamente a grande perda do escritor e amigo Ramiro Fonte Crespo, vulto indiscutíbel da literatura galega actual cuxa obra pasará sen dúbida a ser considerada un fito histórico da cultura contemporánea.
A AELG desexa tamén manifestar a súa vontade de promover unha homenaxe nacional ao escritor de Pontedeume, coa intención de recoñecer publicamente os seus incalculábeis valores humano e literario. En breve informaremos de lugar e data.
(Consello directivo da AELG)
Vídeo: Ramiro Fonte a recitar “A man do tempo” (1998)
[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/dCG424dn0Sc" width="320" height="240" wmode="transparent" /]
Faleceu o poeta Ramiro Fonte
Este fin de semana coñecemos a infeliz noticia do pasamento de Ramiro Fonte. Pola exhaustividade na recollida, trasladamos a esta a axenda as referencias xurdidas na Rede e compiladas no blogue Brétemas por Manuel Bragado, a quen agradecemos o xesto:
- Ramón Loureiro: «Un creador para a eternidade», «Última entrevista», La Voz de Galicia.
- Ágatha de Santos: «Morre o poeta galego Ramiro Fonte», Faro de Vigo.
- A.R. López: «Unha icona da Xeración dos 80», «Adeus Norte», Galicia hoxe.
- Fran P. Lorenzo: «A poesía perde a Ramiro Fonte», El Correo Gallego.
- X. A. Perozo: «Ramiro», Galicia hoxe.
- La Opinión da Coruña.
- Daniel Salgado, «Fallece con 51 años el poeta Ramiro Fonte», El País de Galicia.
- Miguel Anxo Fernán Vello: «Poeta máximo», La Voz de Galicia (edición impresa).
- Suso de Toro: Obituario, El País.
- Miguel García Posada: Obituario, ABC.
- Anxo Lugilde: Obituario, La Vanguardia (edición impresa).
- El Universal (México).
- O levantador de minas.
- Cabrafanada.
- Ferradura en tránsito.
- Lándoa: «Pepe Cáccamo escribe a Ramiro Fonte», «Traxectoria poética de Ramiro Fonte» e «Abrir lectores lendo».
- Antón Castro (Zaragoza).
- Miguel Anxo Fernán Vello: «Ramiro», Galicia hoxe.
- Galicia hoxe (13-10-2008).
(Brétemas)
Compostela: presentación do libro de María do Cebreiro Cuarto de outono
O día 8 de outubro, ás 20:00 Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro de María do Cebreiro Cuarto de outono (Sotelo Blanco, colección de poesía Edoy Leliadoura). Alén da autora do libro, intervirán no acto Xiana Arias, poeta, e Fernando Cabo, crítico literario.
Vídeo: III Encontro de novos/as escritores/as AELG (5/5)
[kml_flashembed movie="http://br.youtube.com/v/6uckMbslq8M" width="320" height="240" wmode="transparent" /]