Publicado en Biografías, Día das Letras, Edición, Poesía
PROGRAMA XOVES 23 VENRES 24 SÁBADO 25 DOMINGO 26 Ás 18:30 horas na Feira do libro d’ A Coruña (Xardíns de Méndez Núñez), o escritor Xosé Neira Vilas asinará exemplares dos seus libros na caseta de secretaría. Ás 19:30 terá lugara presentación do poemario Eume, de César Antonio Molina, publicado pola Editorial Galaxia. Xunto co autor, participarán no acto Luis García Soto (filósofo e profesor da USC), Antón Patiño (pintor), Manolo Vilariño (fotógrafo) e o director xeral da editorial Víctor Freixanes. O poeta Cesáreo Sánchez será o protagonista do “Martes literario” que terá lugar o 7 de agosto na Galería Sargadelos d’ A Coruña (Rúa Real, 56). Será ás 20:00 horas. O 24 de xullo terá lugar en Laxe o “Solpor poético: recital poético e entrega dos premios do Certame de Poesía Antón Zapata”. Participará a poeta Lucía Aldao e será ás 10:30 na Praia dos Cristais. A obra narrativa O alento da musa (Difusora de Letras, Artes e Ideas), de Alberte Momán, é ofrecida na rede xunto co caderno de poesía Déixanse levar. (O alento da musa) “O escritor compostelán afincado en Bruxelas Xavier Queipo é un dos elixidos para representar a poesía urbana da cidade belga dentro do festival da comunidade flamenga, Gulden Ontsporing, que comezará o vindeiro 11 de xullo. Queipo é un dos catro poetas de diversas linguaxes e culturas seleccionado para formar parte dun colectivo de poesía urbana representativo desta cidade no que tamén están un flamengo, un francés e un marroquí. Este colectivo de poetas urbanos multicultural fará cinco recitais ao ano comezando este 11 de xullo, cando lerán en público na institución cultural de Buren os seus poemas, entre os que haberá un creado para a ocasión.” (culturagalega.org)Carballo: Praza dos libros 2007
«O Xardín Municipal de Carballo encherase durante catro días, do 23 ao 26 de agosto, de libros, de actividades lúdicas, participativas, divertidas e formativas para nenas e nenos e para persoas adultas, de autoras e autores da comarca e do país, de presentacións e sinaturas de libros, de recitais, de actuacións, de representacións, etc. Unha nova edición da feira literaria de Bergantiños á que non podes faltar.»
11.00 h: Inicio da Praza dos Libros 2007 e Ciclobiblioteca.
12.30 h: Presentación da Praza dos Libros e do terceiro trimestre do programa Literactúa, de difusión do libro e a lectura en galego (setembro, outubro, novembro).
13.00 h: Inauguración e pregón de Mercedes Queixas Zas.
19.30 h: Presentación de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, coa presenza de Mahmoud Elhda, subdelegado saharauí para Galiza.
20.30 h: Presentación de Lingua, nación e identidade, de Xosé Ramón Freixeiro Mato.
21.30 h: Recital-presentación de As horas de María, de Paco Souto.
11.30 h: A fábrica da fantasía: Actividades veloces para facer e levar (actividade para nenas, nenos e maiores). Contos rápidos para levar. Poemas a toda máquina. Imaxes que contan historias.
20.00 h: Actuación de Títeres Viravolta. Unha de piratas.
21.00 h: Presentación conxunta de Arte e parte, de Xurxo Borrazás, e da reedición de Crónicas de Carballo I, de Xan Fraga.
22.30 h: Concerto da caboverdiana Nancy Vieira.
13.00 h: Presentación de Historia dunha lata e de Lume!, de Alberto Varela Ferreiro.
19.30 h: Presentación de Seavia é nome de parroquia, de José Antonio Andrade.
20.30 h: Presentación de O bosque de Nadgor, de Farruco Graña.
21.30 h: Concerto-presentación Hai cu. Pintadas no váter, de Leo i Arremecághona.
11.00 h: Un libro, un pan. Todas as persoas que merquen algún libro serán agasalladas cun pan da marca Pan de Carballo.
12.00 h: Sinatura de libros de Santiago Jaureguizar.
20.00 h: Charla dramatizada de María Mariño, por Brais Fernández Álvarez.
21.30 h: Concerto do cantautor cubano Norge Batista e remate da feira.Xosé Neira Vilas e César Antonio Molina na Feira do libro d’ A Coruña
Cesáreo Sánchez no próximo “Martes literario” da Sargadelos
Lucía Aldao recitará en Laxe
Alberte Momán ofrece na rede “O alento da musa”
María Lado divulga na rede o seu poemario “Berlín”
Pode baixarse o poemario Berlín de María Lado recitado pola propia autora e musicado por Fanny+Alexander en mp3 (26 MB) ou en formato PDF premendo aqui. (A regueifa plataforma)
Miguel Anxo Fernán-Vello e Yolanda Castaño nas ‘Veladas Poéticas’ de Santander
Igor Lugris participará nun encontro de artistas en Lombillo
“E assim, entre os dias 17 a 21 de Julho, 11 pessoas, das quais 6 som pintores/as (3 homens e 3 mulheres) e outras cinco, pessoas que participaram no encontro desde a videocreaçom, a fotografia, a poesia e a performance, conviviremos, comeremos, beberemos, falaremos e trabalharemos em Lombilho.
Das cinco pessoas que nom nos dedicaremos à pintura, quatro (Roberto Sanz, Federico Ariel, Reme Remédios e um servidor), trabalharemos individualmente e em conjunto para criar umha obra colectiva.” (Ovnis e isoglossas)Xavier Queipo será un dos poetas oficiais da cidade de Bruxelas