A Coruña: presentación do libro Cachiños do meu cerne (Toxosoutos), de Fuco Paz Souto

A Biblioteca Pública da Coruña “Miguel González Garcés” convida á presentación do libro Cachiños do meu cerne (Toxosoutos), de Fuco Paz Souto. A presentación correrá a cargo de J. Javier Pintor Elizalde no Salón de Actos da Biblioteca o xoves 18 de decembro ás 20:00.

Sarria: Presentación do libro gañador do VIII Fiz Vergara Vilariño

Hoxe venres 12 de decembro ás 19:00 horas na Casa da Cultura de Sarria preséntase a obra gañadora da última edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, “Libro de Alicia” de Olalla Cociña. A autora estará presente no acto, no que tamén participarán a gañadora da primeira edición do premio, Marica Campo; o director da editorial Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán Vello, a presidenta da Asociación Cultural Ergueitos, María Casar, e o Concelleiro de Cultura de Sarria, Xermán Arias. Haberá ademais unha actuación musical do dúo composto por Sylvie de Luca (piano) e Maria Ruíz (frauta).

A Coruña: presentación do libro Déixame a túa voz, de Branca Vilela

O xoves 4 de decembro, ás 20:30 na libraría Arenas da Coruña, terá lugar a presentación do libro Déixame a túa voz (edición bilingüe), de Branca Vilela, co que foi en castelán finalista do II Premio Internacional Rubén Darío. No acto participarán Xulio López Valcárcel, Xosé María Paz Gago, Basilio Rodríguez Cañada, Xosé Manuel Traba e Arancha Espinosa.

A Coruña: conferencia de Henrique Rabuñal na UIMP

O escritor e profesor Henrique Rabuñal intervén na Universidade Internacional Menéndez Pelayo dentro do curso consagrado ao 800 aniversario da Coruña para falar da relación entre a poesía galega e a cidade herculina. O acto é o venres 28 ás 16.30 da tarde na Fundación Luís Seoane e leva como título “A Coruña no espello dos seus poetas”.
Henrique Rabuñal é autor de dúas obras de temática coruñesa: Poemas coruñeses (2008) e A Coruña na historia (1999). Poemas coruñeses leva un prólogo do alcalde Javier Losada, foi editado dentro das actividades do proxecto “A Coruña 800” e contén unha antoloxía de poesía galega sobre a A Coruña de autores e autoras dos séculos XIX e XX, desde Rosalía de Castro ata Manuel Rivas.
Henrique Rabuñal é un dos autores do volume A Coruña á luz das letras, de recente publicación, no que múltiples autores actuais evocan a cidade do Faro.

A Coruña: presentación do poemario Ave de luz, de Xosé Abeal

O mércores 26 de novembro, ás 20:00 na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) terá lugar a presentación do poemario Ave de luz (Edicións Espiral Maior), de Xosé Abeal. O acto contará coa participación de Xulio Valcarcel, Xavier Seoane, Miguel Anxo Fernán Vello e do autor.

Compostela: Poesia para Ver / Ler, de Igor Lugris

«Já levavamos tempo anunciando que a exposición “Poesia para Ver / Poesia para Ler” chegaria a Compostela. E agora podemos concretar datas. Do 27 de Novembro ao 27 de Dezembro, estará no Centro Social O Pichel, o local da Gentalha do Pichel. E na sexta-feira, 28, faremos um recital com uns amigos, como acto de inauguraçom, com a participaçom dos poetas Séchu Sende, Alberto Momam e Baldo Ramos, e a actuaçom musical de José Constenla.» (Ovnis e Isoglossas)

Ourense: presentación do libro O aire, a luz e o canto. Poesía reunida 1987-2006, de Víctor Campio Pereira

O venres 28 de novembro, ás 19:00 na sala de conferencias do Centro de Desenvolvemento Caixanova (Avenida de Pontevedra 9), terá lugar a presentación do libro O aire, a luz e o canto. Poesía reunida 1987-2006 (Pen Clube – Arte de Trobar), de Víctor Campio Pereira. Intervirán Luís González Tosar, Manuel Outeiriño, Xesús Alonso Montero e Kamo Petrosyan (violín).