O
xoves 26 de xaneiro, ás 20:30 horas, no salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro Perspectivas sobre Bóveda: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano, no que participaron os seguintes autores: María Pilar García Negro, Xosé Antón Pena Beiroa, Victorino Pérez Prieto, Justo Beramendi, Engracia Vidal Estévez, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel e David Otero. A obra foi publicada pola propia Asociación. O acto será presentado polo editor do libro, Xosé Manuel Sánchez Rei.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Santiago: presentación de Amantes, de María Lado
O
xoves 26 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa da Travesa, 7) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Amantes, de María Lado, gañador do Certame de poesía erótica Illas Sisargas convocado polo Concello de Malpica e a A. C. Caldeirón, editora do volume.
Pontevedra: presentación da colección Clássicos da Galiza e o Arquivo Digital da AGLP
“A
quinta-feira, 26 de Janeiro, às 19:30 horas, serão apresentados os Clássicos da Galiza e o Arquivo Digital da AGLP na sala de atos da Escola Oficial de Idiomas (Rua Celso Emilio Ferreiro) de Ponte Vedra. José-Martinho Montero Santalha, presidente da AGLP, e Fernando Vásquez Corredoira, adaptador e revisor textual de vários dos volumes, apresentarão a coleção CLÁSSICOS DA GALIZA, editada por Edições da Galiza em parceria com a Academia Galega da Língua Portuguesa: Cantares Galegos de Rosalia de Castro, Queixumes dos Pinhos e Outros Poemas de Eduardo Pondal, e Cantos Lusófonos: Cancioneiro Popular, reedições dos grandes autores galegos adaptados ao Acordo Ortográfico de 1990 com notas e glossários que enriquecem o texto literário. Ernesto Vásquez Souza apresentará o recentemente criado Arquivo Digital da AGLP, um inovador repositório de materiais digitalizados acerca da língua e cultura galega.” Vía AGLP.
Vigo: presentación do número 192 da revista Grial, sobre Álvaro Cunqueiro
O
mércores 25 de xaneiro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa Galega da Cultura, en Vigo, preséntase o número 192 da revista Grial, dedicada a Álvaro Cunqueiro. No acto participan Víctor F. Freixanes, Dolores Vilavedra, Manuel Forcadela e César Cunqueiro.
Santiago: presentación de Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González
O
mércores 25 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González, publicado en Xerais. No acto, xunto autor, participan Víctor Santidrián e Manuel Bragado.
Vigo: presentación de 2044, de Eduardo Santiago
O
martes 24 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno, 27) de Vigo, preséntase a novela 2044, de Eduardo Santiago, publicada en Galaxia. No acto o autor estará acompañado por Francisco Castro.
O Barco: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
A
segunda feira 23 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, no Barco, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística participa o propio autor.
Allariz: presentación de Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello
O
sábado 21 de xaneiro, ás 20:00 horas, na libraría Aira das Letras (Rúa Emilia Pardo Bazán) de Allariz, preséntanse os libros Laura no deserto, e O paso do esquecemento, de Antón Riveiro Coello, publicados, respectivamente, en Galaxia e o Centro da Cultura Popular do Limia. Crónica fotográfica posterior en Galaxia.

