Esta páxina conta co apoio da Deputación da Coruña
Boa entrada de ano e feliz aninovo a todos!
Prezados amigos:
Boa entrada de ano e feliz aninovo a todos. Cos meus mellores desexos para o vindeiro. Unha fonda aperta de
Uxío Novoneyra Rey
Unha aperta grande coma a sorte que vos desexo para o 2009 !
Lembrade que esta noite tamén é noite de bruxas e se unha, un casual, vos amordica, hai que devolverlle o belisco se non queredes quedar ameigadiños pra o ano.
Antonio Reigosa (Galicia Encantada)
II Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados

Até o 28 de febreiro de 2009. Bases.
Xinzo: presentación da novela A vida que non é, de Rafael Laso Lorenzo
O 2 venres de xaneiro, ás 20:30 na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, terá lugar a presentación do libro A vida que non é (Tambre), de Rafael Laso Lorenzo. No acto intervirán Ignacio Chao Castro (editor), Antón Riveiro Coello (escritor) e o autor.
Mario Regueira gaña o Johán Carballeira
«Foi unha decisión difícil. O xurado, reunido no Concello de Bueu, dubidou durante boa parte da tarde do martes entre dúas obras. Finalmente escolleron o Blues da Crecente de Mario Regueira; porén, o debate non era tan importante en realidade, pois a outra obra que chegou ao final con opcións de gañar o premio tamén fora presentada por Regueira. O xurado salientou que o poemario “representa unha reflexión sobre o amor e as súas condicións existenciais, nun conxunto poemático sometido a unha esixencia de gran atractivo; rítmica, poesía e vida entrelazadas, o amor como sinal de unión e de liberación” […]» (Vieiros)
IV edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil
Antes do 13 de abril de 2009. Bases.
XXIV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil
Antes do 13 de abril de 2009. Bases.
XXVI edición do Premio Xerais de Novela
Antes do 13 de abril de 2009. Bases.

