A Coruña será a sede permanente do Cultur.gal

«[…] A decisión de que A Coruña sexa a sede de Cultur.gal tomouse logo de avaliar como moi positiva a presenza de público na feira, que os organizadores cifran para os catro días da súa celebración en arredor de 37.000 persoas, o que significa case cuadriplicar a asistencia á primeira edición. Segundo os datos manexados polo consello asesor da feira, 2.900 persoas terían participado nas actividades de público xeral, e 5.500, nas dirixidas a público infantil.

Ademais as actividades profesionais relacionadas coa música, o libro, o audiovisual, as novas tecnoloxías, as artes escénicas, a dinamización lingüística e a xestión cultural congregaron a 500 profesionais deses sectores.

Outro dato que fala da importancia da cita para o sector é a participación de 75 entidades expositoras.»

(La Voz de Galicia)

Ditame do XXXIV Premio nacional de narracións curtas Modesto Figueiredo

PREMIO “ MODESTO R FIGUEIREDO” ( cunha contía de 600€) para a obra:

“ UNHA CASA CHEA DE XANELAS” da que é autor IVÁN GARCÍA CAMPOS de A Coruña. Destácase deste autor que xa foi premiado neste Certame en 2006 e da obra gañadora deste ano valórase a capacidade narrativa, o detallismo na construcción psicolóxica dos personaxes, o multiperspectivismo para crear a historia mestura de realidade e imaxinación. Tamén se destaca a gradación de accións, o detallismo e obsérvase cualitativamente a pluralidade de emisores nos contextos sociais así como as referencias temáticas do momento e asemade a elementos narrativos de definición cinematográfica.

ACCESES ( cunha contía cadanseu de 200 €) para as obras:

a) “ COLLEITA DE SOMBRAS” da que é autora CHELO SUÁREZ MUÍÑOS de A Coruña. Desta obra valórase a heteroxeneidade narrativa con recreación de ambientes diversos e mención a lugares recoñecibeis ( concretos). A altura estilística conseguida a través dunha linguaxe coidada que é capaz de espellar os estados anímicos dos protagonistas mantendo unha intensidade afectiva resolta con brillantez.

b) “ UN PINTOR MALOGRADO” da que é autor ALBERTO GÓMEZ ANEIROS de Santiago de Compostela. Autor premiado tamén, no 2007, neste Cetame. Desta obra saliéntase unha capacidade significada para recrear unha situación extraordinaria, sorprendente, para os lectores con axilidade narrativa.Recolle aspectos clásicos da literatura de introspección persoal n aliña de Kafca e Albert Camus.

O XURADO propón pola súa calidade literaria a publicación das seguintes obras presentadas co título:

a) “AI PADRIÑO!
b) “ A CORRENTE SALVAXE”
c) “ HAPPY SUNDAY

DATA DO ACTO DE ENTREGA DOS PREMIOS: día 27 de decembro ás DOCE TRINTA HORAS na CASA DO CONCELLO DE PADRÓN. Mantedor do ACTO DE ENTREGA: Sechu Sende ( escritor)

PUBLICACIÓN: Tanto os traballos premiados como os propostos para publicación , se así o permiten os seus autores, serán publicados nun tomo da Colección “ PREMIOS MODESTO RODRÍGUEZ FIGUEIREDO” pola Editorial O CASTRO.

(FUNDACIÓN DO PEDRÓN DE OURO)

Premios GZ Crea 2008

En Relato, os premiados foron:
1º Premio: Iria Ameixeiras Cundíns, de Zas, pola obra A confraría das palabras
2º Premio: Carmen Núñez Sande, de Muros, pola obra Sin título
3º Premio: Martina Vázquez Suárez, da Coruña, pola obra Muller en seis pezas

En Poesía, concedéronse os seguintes premios:
1º Premio: Lara Dopazo Ruibal, de Marín, pola poesía Dende Illa Peixe
2º Premio: Valentina Carro Padín, de Cambados, coa poesía Ciclopes Pintábanse con Rimmel e Saian Angulos
3º Premio: David Pérez González, da Pobra do Caramiñal, coa obra Poesía Primeira de Amor, Desamor e Arrefriado
Mención de honra: Xosé Daniel Costas Currás, de Moaña, pola poesía Revoluciona(Me)

En Teatro, os premiados foron:
1º Premio: Spasmo do IES Santa Irene, de Vigo, por Presas
2º Premio: Bicodobrelo, de Catoira, pola obra Comedia bífida
3º Premio: Andaravía Teatro da A.C. Papaventos, de Vedra, coa obra Metus Extremus
(Vieiros)