Finalistas dos Premios da Edición 2008

Premio Ánxel Casal ao Libro do ano:
A arquitectura en Galiza: Aproximación á realidade arquitectónica xeral de Galiza dende a Prehistoria ata os nosos días, de Manuel Torres Búa (Edicións Nigra Trea)
A conta atrás, de Carlos Portela (Faktoría K de Libros)
A vida nova de Madame Bovary, de Xosé Carlos Caneiro (Editorial Galaxia)
Caderno de animalista, de Antom Fortes (OQO Editora)
Fin de século en Palestina, de Miguel Anxo Murado (Editorial Galaxia)
O libro das viaxes imaxinarias, de Xabier P. Docampo (Edicións Xerais de Galicia)
Os animais domésticos na Historia de Galicia, de Diego Conde e José M. Vázquez Varela (3C3 Editores)

Premio Xosé Neira Vilas ao Libro infantil e xuvenil do ano:
A pastelaría de Dona Remedios, de Agustín Fernández Paz (Rodeira-Edebé)
Caracois, de Armando Quintero (OQO Editora)
Imaxina animais, de Xosé Ballesteros (Kalandraka Editora)
O ladrón de palabras, de Anxo Fariña (Edicións A Nosa Terra)
PAlAbrAs brAncAs, de Elvira Riveiro Tobío (Edicións Xerais de Galicia)

Premio Lois Tobío ao Libro traducido do 2008:
A fabulosa lenda do Rei Artur, traducido por Isabel Soto e Xavier Senín (Rodeira-Edebé)
As flores do mal, traducido por Gonzalo Navaza (Editorial Galaxia)
Cantos e fragmentos, traducido por Raúl Gómez Pato (Edicións Positivas)
Deshonra, traducido por Moisés Barcia (Rinoceronte Editora)
Eu servín ao Rei de Inglaterra, traducido por Fernando de Castro (Rinoceronte Editora)
Lolita, traducido por Xesús Fraga (Faktoría K de Libros)
Mal de escola, traducido por Xavier Senín e Isabel Soto (Edicións Xerais de Galicia)

Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado do 2008:
A fabulosa lenda do Rei Artur, ilustrado por Francesc Rovira (Rodeira-Edebé)
Celso Emilio Ferreiro. Selección poética, ilustrado por Baldo Ramos (Faktoría K de Libros)
O libro das viaxes imaxinarias, ilustrado por Xosé Cobas (Edicións Xerais de Galicia)
Rosalía de Castro. Selección poética, ilustrado por Belén Padrón (Faktoría K de Libros)
Terra Libre, ilustrado por Fran Jaraba (Edicións Xerais de Galicia)

Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora do ano:
Justo Beramendi
Agustín Fernández Paz
Miguel Anxo Murado

A entrega de premios terá lugar o vindeiro venres 19 de decembro en Vigo. Máis información, na páxina da AGE.

Sarria: Presentación do libro gañador do VIII Fiz Vergara Vilariño

Hoxe venres 12 de decembro ás 19:00 horas na Casa da Cultura de Sarria preséntase a obra gañadora da última edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, “Libro de Alicia” de Olalla Cociña. A autora estará presente no acto, no que tamén participarán a gañadora da primeira edición do premio, Marica Campo; o director da editorial Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán Vello, a presidenta da Asociación Cultural Ergueitos, María Casar, e o Concelleiro de Cultura de Sarria, Xermán Arias. Haberá ademais unha actuación musical do dúo composto por Sylvie de Luca (piano) e Maria Ruíz (frauta).

IMPLÍCATE, Noite de música e palabra solidaria

A ONG galega IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO organiza un ano máis IMPLÍCATE! Noite de música e palabra solidaria. O espectáculo celébrase o vindeiro domingo 14 de decembro ás 20.30 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela, e contará coa partipación de Yolanda Castaño e Luís Tosar como presentadores, a música de Xabier Díaz, Iria Piñeiro e The Homens, a danza de Disque Danza e María Reimóndez, o teatro de Celso Parada e Patricia Vázquez e a poesía de María do Cebreiro, Marga do Val, Xavier Cordal e Celso Fernández Sanmartín. As entradas están dispoñibles no servizo de venda de Caixa Galicia e no propio teatro. Os cartos que se recaden no IMPLÍCATE serán destinados ao proxecto Corredor de Desenvolvemento que IMPLICADAS ten en marcha no estado de Tamil Nadu, na India.

Vilalba: homenaxe a Agustín Fernández Paz

O domingo 14 de decembro Agustín Fernández Paz será homenaxeado no Muíño de Rañego (Vilalba). Ás 12:00 terá lugar unha mesa redonda sobre a súa obra na que participarán Fina Casalderrey, Xabier P. DoCampo, Paco Martín, Xulio Xiz e Manuel Bragado. Ademais colocarase o terceiro hectómetro literario no Paseo dos Soños e celebrarase un xantar de irmandade no restaurante «A Nova Ruta» de Vilalba. Pode avisarse asistencia ao xantar no teléfono: 646413890. A organización é responsabilidade da Fundación Manuel María.