Biblos Clube de Lectores convida á presentación do libro O humor non engorda…!, de Kiko da Silva, que terá lugar o xoves na Libraría Torga, de Ourense.
Homenaxe “Os Bos e Xenerosos” á AS-PG
Debido a obrigas profesionais inaprazábeis por parte da organización, participantes e asistentes, a Aelg vese na inevitábel obriga de adiar para o SÁBADO DÍA 12 DE ABRIL a Homenaxe “Os Bos e Xenerosos” que se lle ía ofrecer á Asociación Socio-Pedagóxica Galega o 29 de marzo próximo.
Por tanto, o acto de recoñecemento público desenvolverase co mesmo programa o SÁBADO 12 de ABRIL, a partir das 11:45 da mañá, no Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (Rúa Valle Inclán, s/n).
Desta maneira, alárgase tamén o prazo para se apuntar para o xantar de confraternidade que que compartiremos no restaurante do Hotel Porta do Camiño (Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n), a partir das 14:30. Podedes confirmar a vosa asistencia ata o 8 de abril en oficina@aelg.org ou no
teléfono 981 133 233, de 09:00 a 14:30 ou de 17:00 a 20:00. O prezo do menú, que se pagará no propio restaurante, será de 28€.
Presentación na Coruña dun libro sobre o pintor Alfonso Costa
O mércores día 26 de marzo ás 20.00 horas na sala de audiovisuais da Biblioteca Provincial (Rego d’ Auga, 37, A Coruña), terá lugar a presentación do libro Alfonso Costa (Colección Grandes Pintores). No acto intervirán as escritoras Ánxeles Penas e Eva Veiga, e o artista Alfonso Costa.
Preséntase en Ponte do Porto U-49, de Rafael Lema
O venres día 28 de marzo ás 20.00 horas na libraría Ler de Ponte do Porto terá lugar a presentación na comarca da novela U-49 (Tambre-Edelvives), do escritor Rafael Lema.
Henrique Rabuñal presenta na Coruña a súa biografía sobre Álvarez Blázquez
Henrique Rabuñal presenta o martes 25 de marzo ás 20.00 horas no local de Portas Ártabras na Coruña (Rúa Sinagoga, 22) a súa biografía do protagonista das Letras Galegas 2008. Titúlase Xosé María Álvarez Blázquez na súa canle secreta, e fai o número 227 da editorial Laiovento. Henrique Rabuñal estará acompañado polo profesor da UDC Celso Álvarez Cáccamo, fillo de Álvarez Blázquez, e por Francisco Pillado Maior, director de Laiovento.
VII Premio de literatura infantil e xuvenil Raíña Lupa
Até o día 16 de agosto de 2008. Bases.
VII Premio de ensaio Manuel Murguía
Até o 30 de setembro de 2008. Bases.
XX Premio de narrativa Torrente Ballester
Até o 1 de xullo de 2008. Bases.
XIV Premio de poesía Miguel González Garcés
Até o 15 de abril de 2008. Bases.