XVº Certame de narración curta “Carvalho Calero”
Poemas cantados de Francisco Brives na Casa de Galicia en Madrid
Dentro do ciclo “ReCrea Galicia “, na Casa de Galicia en Madrid (Rúa Casado del Alisal, 8) terá lugar o espectáculo Poesía cantada, con poemas de Francisco Brives e recital de guitarra a cargo de Manu Clavijo. Será o 25 de abril ás 20:00 horas.
Xosé Luis Mosquera gaña o Xº Certame de Poesía Concello de Carral
A obra titulada Nadja c’est moi, de Xosé Luis Mosquera Camba, resultou gañadora no Xº Certame de Poesía Concello de Carral. (La Voz de Galicia)
Presentación d’ “A saga de San Ferreol”, de Ramón Loureiro
No Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol, o xoves 19 de abril ás 20:30 horas, terá lugar a presentación do libro A saga de San Ferreol, con texto de Ramón Loureiro e ilustracións de Francisco Pérez Porto. Intervirán: Ramón Loureiro, escritor; Francisco Pérez Porto, ilustrador; Manuel Sánchez Monge, bispo da Diocese de Mondoñedo-Ferrol; José Manuel Couce Fraguela, concelleiro de Cultura; e Tucho Calvo, director editorial de Biblos.
IIIº Encontro de Creadores do Barbanza
En Rianxo, do 20 ao 22 de abril e baixo o epígrafe A cor dos soños, terá lugar o IIIº Encontro de Creadores do Barbanza coa intención de contribuír á reflexión sobre as relacións da literatura infantil coa ilustración e o ensino. O encontro incluirá a presentación d’ A voz do lago de Antón Riveiro Coello, Unha bruxa ben rara de Carlos Mosteiro e o libro colectivo A cor dos soños, obra colectiva na que participan 14 ilustradores relacionados co Barbanza. Participarán tamén no evento Xosé A. Neira Cruz, Rodrigo Chao, Pablo Otero “Peixe”, María Xesús Blanco, Xavier P. Docampo, Cristina Novoa, Xesús Santos Suárez e F. R. Lavandeira. Os actos finalizarán cun recital a cargo de Estívaliz Espinosa. (Barbantia)
Entrega do VIIº Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño
O venres 4 de maio de 2007, ás 20:00 horas, terá lugar no hotel NH Alfonso IX de Sárria a entrega do VIIº Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. O acto contará coa participación dos membros do xurado Emma Pedreira, Isidro Novo e Miguel Anxo Fernán-Vello, o alcalde de Sarria José Antonio García, a presidenta de Ergueitos María Casar, a artista autora da obra que ha de entregarse ao gañador, Mónica Alonso, e o autor premiado Xosé Antón Neira Cruz.
Conferencia de Mª Luisa Sobrino sobre Maruja Mallo
Terá lugar hoxe, luns 18 de abril, ás 20:15 horas no Liceo de Ourense. Esta intervención pertence ao Vº Ciclo de Conferencias Visións de Galicia que, baixo o título “As mulleres na cultura galega”, organizou a Sección de Literatura do Liceo de Ourense.
“Os libros arden mal” gaña o “VIIº Premio Libro del Año”
A Axenda cultural da AELG é divulgada na rede
“A AELG habilita unha axenda web para dar conta de todo o que aconteza vinculado ós libros na nosa lingua.” (Código Cero)