A presentación de Extremum (A Fronteira) (Edicións do Castro), de Manuel Recuero Astray, terá lugar o mércores 18 de abril, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol. No acto intervirán, ademais de autor: Xosé Ramón Freixeiro Mato, Goretti Sanmartín, Luís Barral, Eduardo Fra Molinero e Xosé Antonio Ponte Far.
Nº 16 da revista “foeminas”
Xa está disponíbel o número 16 da revista foeminas, onde se dedica un espazo á obra de Marilar Aleixandre. Para consultala, só é preciso entrar na web da revista.
Premio de microrrelato “Carlos Casares”, do Liceo de Ourense
Convócase a VIª Edición do Premio literario “Carlos Casares”, do Liceo de Ourense, na modalidade de microrrelato. Os traballos deben entregarse antes do 31 de maio de 2007. Máis información na web do Liceo de Ourense.
Conferencia de Rosa Aneiros sobre Felicia Auber
Terá lugar hoxe, luns 16 de abril, ás 20:15 horas no Liceo de Ourense. Esta intervención pertence ao Vº Ciclo de Conferencias Visións de Galicia que, baixo o título “As mulleres na cultura galega”, organizou a Sección de Literatura do Liceo de Ourense.
Presentación de “Saudar a vida”, de Xavier Seoane
O ensaio Saudar a vida. Unha defensa das humanidades na sociedade do coñecemento, de Xavier Seoane, será presentado o xoves 19 de abril, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos d’A Coruña (Rúa Real, 56). No acto, que contará coa participación de Manuel Gallego Jorreto, participarán tamén Cesáreo Sánchez Iglesias, Manuel Bragado (Edicións Xerais) e o propio autor.
Obradoiro de creación literaria na Fundación Granell
Nos meses de abril e maio a Fundación Eugenio Granell realizará un obradoiro de animación á lectura e á creación literaria. Será impartido por Antía Otero, quen tentará levar “a reflexión artística a un ámbito máis pedagóxico para achegalo a un público máis novo”. Para máis información: didactica@fundacion-granell.org. (Fundación Eugenio Granell)
Presentación dunha antoloxía dos Premios Esquío (1981-2006)
O día 21 de abril, sábado, a Sociedade de cultura Valle-Inclán de Ferrol honrará o Patrimonio de Feira Antiga na Arquitectura dos Pendellos d’Agolada coa celebración dos seus 25 anos (máis un) de existencia, na coordinación do Premio Esquío de poesía (galego e castelán). Neste contexto terá lugar a presentación do libro Poesía viva, pura poesía (Antoloxía dos Premios Esquío: 1981-2006), e un recital dos poetas premiados conducido por Vicente Araguas. Entre os poetas que xa teñen confirmada a súa asistencia figuran: María do Carme Álvaro, Ramón Caride, Baldomero Iglesias Dobarrio, Fernández Abella, David Otero, Elvira Riveiro Tobío e Ángel Utrera Baza.
Iº Premio de artigos xornalísticos normalizadores “Concello de Vilagarcía”
O Concello de Vilagarcía convoca a primeira edición do Premio de Artigos Xornalísticos Normalizadores, co obxectivo de promover e a normalización do uso da lingua galega no municipio. Pódense consultar aquí as bases.
Conferencia de Camilo Franco na Fundación Luis Seoane
Hoxe, día 12, a partir das 19:30 horas, o crítico Camilo Franco ofrecerá a conferencia “A escultura de 1939 a 1970” na Fundación Luis Seoane d’A Coruña.
Presentación d’ “O alento da musa”, de Alberte Momán
Será o martes día 11 de abril. Para máis información véxase nota anterior.