“Na próxima terza feira, día 29 de maio, terá lugar unha tertulia-recital co poeta e crítico de arte brasileiro Ferreira Gullar, que será conducida polo xornalista Anxo Quintela, a profesora Mª Carmen Villarino Pardo e o profesor Luciano Paula de Melo, de Literatura Brasileira da USC, ás 20:00 horas no Paraninfo da USC na Facultade de Xeografía e Historia.”
Presentación do “Dicionario María Mariño” en Brión
O Dicionario María Mariño de Esperanza Mariño Davila será presentado no Centro Social Polivalente de Brión (A Maía) o martes 29 de maio ás 21:00 horas. No acto intervirán o escritor e poeta Miro Villar, o alcalde de Brión Xosé Luís García García, o director editorial de 3C3 Antonio Puentes Chao e a propia autora.
Lucía Aldao, María Lado e Sara Jess en Berlín
Lucía Aldao, María Lado e Sara Jess ofrecen un recital de videopoesía no Instituto Cervantes de Berlín. Será este martes 29 de maio ás 19:30 horas.
XIIº Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela
Poderanse presentar traballos publicados até o 30 de xuño de 2007. O prazo de recepción rematará o 10 de xullo. Máis información aquí.
Exposición “Poemas pola memoria”, n’A Coruña
Será o venres 25 de maio. Véxase nota anterior.
Conferencia de Manuel Lourenzo na Coruña
O xoves 24 de maio ás 20:30 horas, no salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (R/ Olmos 16-18, 1º), terá lugar unha conferencia a cargo do dramaturgo D. Manuel Lourenzo, que falará da literatura de tradición popular en Galiza.
IVº Premio de Investigación Festa da Palabra
Prazo de presentación: até o 1 de setembro de 2007. As bases aquí. (Concello de Vigo e Asociación Feministas Independentes Galegas)
Vº Premio de xornalismo Nano Cambeiro
Prazo de presentación: até o 30 de maio de 2007. Información na páxina do Instituto de Estudios Miñoranos.
IIº Premio de novela curta do Concello de Valadouro
Até o 1 de xuño de 2007. As bases aquí.