Na Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (Olmos, 16-18, 1º) o vindeiro venres 25 de maio (13:00 horas) terá lugar a rolda de prensa de presentación da exposición Poemas pola memoria, que organiza a Marcha Mundial das Mulleres, en colaboración coa Comisión de Recuperación da Memoria Histórica e patrocinada pola Delegación provincial da Consellaría de cultura.
Trátase dunha exposición fotográfica de Manolo Graña acompañada por poemas que recollen a represión fascista en Galiza. A inauguración será o mesmo día ás 18:00 horas.
Entrega de premios do concurso “Contos do Mediterráneo”
Dentro do programa do “IIº Ciclo Galiza: nin rastro de mulleres?”, na Biblioteca Francesca Bonnemaison de Barcelona (Sant Pere més Baix, 7) terán lugar un recital poético en homenaxe a María Mariño e a entrega de premios do concurso literario Contos no Mediterráneo, que contará coa presenza do escritor Diego Ameixeiras. Será o venres 25 de maio de 2007, ás 19 horas.
Cristina Ferreiro Real gaña o XIº Certame Francisco Añón de Poesía
XXº Premio nacional de poesía Xosé María Pérez Parallé
Suso de Toro en Carballo
O Concello de Carballo e a Cervexaría San Xoán promoven unha conversa con Suso de Toro, autor de Home sen nome, dentro do proxecto Literactúa, de difusión do libro e da lectura en galego. Será o mércores 30 de maio de 2007 ás 20.30 horas na Cervexaría San Xoán (Rúa de Ourense, 8-10, Carballo)
Conferencia de José Braga-Amaral na Coruña
O martes 22 de maio, ás 20:30 horas no salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda de Coruña (Olmos, 16-18, 1º), terá lugar a conferencia a cargo do escritor portugués D. José Braga-Amaral, que falará d´”O mesmo sol, a mesma terra, a mesma língua, dois escritores irmãos da Galiza: Miguel Torga e João Araujo-Correia”.
Yolanda Castaño no Festival Internacional “Primavera poética” de Lituania
Yolanda Castaño será desde o día 21 de maio a única representante do estado español no Festival Internacional “Primavera poética” de Lituania. Este festival conta xa con 43 edicións (dende o ano 1965). O encontro constitúe unha consolidada cita no mundo da poesía a nivel mundial e que vai contar este ano e por vez primeira na súa historia cunha autora de literatura galega. (La Voz de Galicia)
Presentación d'”O son das buguinas” en Vigo
O mércores 23 preséntase na Casa do Libro de Vigo O son das buguinas, libro-dvd colectivo sobre a tsunami (Implicadas/os no Desenvolvemento e Edicións Xerais de Galicia). Contarase coa presenza de Fran Alonso, Dolores Ruíz e María Reimóndez.
Recital sobre a poeta canadense Erín Moure en Vigo
O martes 22 de Maio de 2007 ás 20:00 horas, na Casa de Portugal de Vigo (onde está o Instituto Camoens), terá lugar un “Recital transcreativo” que contará coa presenza de Oana Avasilichioaei, Erín Moure, Chus Pato e María Reimóndez. Ofrecerá textos da poeta canadense Erín Moure (tradutora de Chus Pato) que sairá traducida en Galaxia en breve.
Conferencia de Afonso Becerra n’A Coruña
O mércores 23 de maio ás 20:00 horas, no Foro de Casahamlet da Coruña (Rúa Alfonso VI, 11, Baixo), haberá unha conferencia coloquio sobre “O ritmo no teatro”, a cargo do dramaturgo e profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galiza Afonso Becerra de Becerreá.