Entrevista de Marcos Pérez Pena a Antón Baamonde en Praza:
“(…) Antón Baamonde vén de publicar Agora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila (Galaxia), un ensaio que busca “combater os clixés” aínda existentes sobre Galicia, “transformar o modo en que nos imaxinamos” e “abandonar as retóricas da pasividade”.
A Galicia de agora non é a de antes. De feito, hai décadas que non é un país atrasado e hai tamén moito tempo que non é un país primordialmente rural ou no que o sector agrogandeiro é maioritario. De feito, hai décadas que Galicia é un país como calquera outro da nosa contorna: maioritariamente urbano, cunha economía de servizos, na que o peso da industria (unha industria puxante e moi internacionalizada) é moi importante, moi aberta ao exterior e na que mesmo o sector agrario está moi capitalizado e ten moi pouco que ver con esa visión pasada de explotacións pequenas, de subsistencia.
Este novo ensaio conforma unha tetraloxía con tres obras anteriores de Antón Baamonde: A derrota de Galicia (Xerais, 2012), que “intentaba dar conta do cambio sociolóxico operado nas últimas décadas”; Unha nova Olanda (Galaxia, 2021), “que poñía sobre a mesa o carácter urbano do país e a imperiosa necesidade de poñer o foco sobre as diversas identidades urbanas”; e Galicia, distrito industrial (Galaxia 2024), en colaboración con Daniel Hermosilla, que “mostraba, tamén contra o clixé, o nervio industrial do país, e o admirable abano de empresas de alto valor tecnolóxico e internacionalizadas”. “Eses libros, xuntos, conforman un intento de ler Galicia doutra maneira, intentan transformar o imaxinario herdado” e “propoñen ideas para unha Revolución Tranquila que transforme o rostro do país”, destaca.
Baamonde escribe que Galicia é, xa, un país “máis ou menos random” no contexto europeo occidental, unha idea xa expresada polo autor en obras anteriores. “Isto non está ben nin está mal. Hai que velo con ánimo ecuánime, nin pensar que é unha marabilla nin deostalo”, di, apuntando que “nas condicións de vida e nos estándares vitais Galicia aseméllase a todos os países da nosa contorna. As clases populares viven como as clases populares doutros países. E as clases medias e altas, o mesmo”, di. Unha idea, a de que vivimos nun país como calquera outro na nosa contorna, equiparable a estes e cun nivel de vida e problemáticas semellantes, que se enfronta a visións que afirman (ás veces, paradoxalmente, ao mesmo tempo) que Galicia é, singularmente, o mellor país do mundo ou que Galicia é o peor país do mundo, o máis aldraxado e oprimido. (…)”
Arquivos da etiqueta: A derrota de Galicia
A Coruña: actividades destacadas do sábado 4 na Feira do Libro
Continúa
a XLI Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns da Méndez Núñez), aberta até o venres 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas. As actividades máis destacadas do sábado 4 de agosto son:
– 20:00 h.: Presentación De Xente Nova a Brais Pinto, de Xosé Fernández Ferreiro, publicado en Xerais. Participan: Manuel Bragado e o autor.
– 20:45 h.: Presentación de A derrota de Galicia, de Antón Baamonde, publicado en Xerais. Participan: Fermín Bouza, Manuel Bragado e o autor.
– 21:15 h.: Presentación de A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente, publicado en Xerais. Participan: Suso Sambade, X. H. Rivadulla Corcón e Manuel Bragado.
Vigo: actividades destacadas do luns 2 de xullo na Feira do Libro
Continúa
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta até o domingo 8 de xullo. As actividades máis destacadas do luns 2 de xullo son:
– 19:00 h.: presentación de Carné de identidade, de Mahmud Darwish, publicado en Barbantesa, traducido por Moncho Iglesias e Samar Sabat.
– 20:00 h.: presentación de En vías de extinción, de María Reimóndez, publicado en Xerais. Intervirán, xunto á autora, Michael Skinner e Manuel Bragado.
– 21:00 h.: presentación de A derrota de Galicia, de Antón Baamonde, tamén publicado en Xerais. No acto intervirán o autor e Manuel Bragado.