Boiro: presentación de Máxico tear natural, de Xosé M. Lobato

O venres 30 de setembro, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos de Boiro (Rúa Principal, 65), terá lugar a presentación do libro Máxico tear natural, de Xosé M. Lobato Martínez, publicado en Alvarellos. No mesmo acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Alvarellos Editora, a Galería Sargadelos do Barbanza e o Concello de Boiro presentarase tamén un novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia. No acto, ademais do autor, participan Xosé Ricardo Losada, Henrique Alvarellos, Jesús Lojo Alcalde, Alberto Piñeiro e Helena Teixeira Barcala.

A Pobra do Caramiñal: presentación de Memoria de cidades sen luz, de Inma López Silva

O venres 4 de marzo, ás 20:30 h., na librería Ler da Pobra do Caramiñal, preséntase o libro Memoria de cidades sen luz, de Inma López Silva, publicado en Galaxia. No acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, participan, ademais da autora, María Xesús Blanco, Alberto Piñeiro e Xesús Laíño.

Boiro: presentación de Un longo e tortuoso camiño, de Xosé Ramón Quintana Garrido

O venres 1 de outubro, ás 20:30 h., preséntase na Galería Sargadelos de Boiro o libro de Xosé Ramón Quintana Garrido Un longo e tortuoso camiño, nun acto organizado pola Asociación Cultural Barbantia, no que participarán, xunto co autor, Xan Hermida, Dores Torrado, Jesús Lojo Alcalde, director da Galería Sargadelos no Barbanza e Alberto Piñeiro, coordinador de Barbantia.