Arquivos da etiqueta: Asociación Cultural O Brado A Estrada
Xosé María Lema Suárez, premio San Martiño de Normalización Lingüística
Desde a Real Academia Galega:
“Xosé María Lema Suárez (Vimianzo, 1950) recollerá a mediados de novembro o premio San Martiño de Normalización Lingüística en recoñecemento á súa traxectoria. O académico correspondente resultou distinguido nos XXVIII galardóns que concede a Asociación Cultural O Brado, na modalidade Premio á normalización lingüística a toda unha vida.
Nesta edición tamén foron recoñecidos Manuel Pereira Valcárcel co Premio á difusión da lingua na comarca de Tabeirós-Terra de Montes e Uxía Senlle co Premio á normalización no ámbito galego. Os galardóns serán entregados nun acto aberto a todo o público que terá lugar no Teatro Principal da Estrada a segunda semana de novembro. (…)”
Salvador García-Bodaño obtén o Premio San Martiño de Normalización na modalidade de Toda unha vida
Salvador García-Bodaño obtivo o Premio San Martiño de Normalización Lingüística na modalidade de Toda unha vida, na XXVI edición destes premios concedidos pola Asociación Cultural O Brado. A reunión do xurado tivo lugar o mércores 16 de novembro, e serán entregados nun acto aberto a todo o público o vindeiro xoves, 1 de decembro, ás 20:30 horas no Teatro Principal da Estrada.
Andrés Torres Queiruga obtén o Premio San Martiño de Normalización Lingüística a toda unha vida
Andrés Torres Queiruga obtivo o Premio San Martiño de Normalización Lingüística a toda unha vida, outorgado pola Asociación Cultural O Brado da Estrada. A entrega do mesmo será ralizada nun acto aberto ao público o xoves 13 de novembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal da Estrada.