O libro de David Otero Nun bambán de non virar baldo preséntase este venres 12 de marzo ás oito da tarde na Libraría Couceiro de Santiago (Praza de Cervantes, 6). No acto intervirán Avelino Pousa Antelo –mestre galeguista e presidente da Fundación Castelao–, Xoán Xosé Fernández Abella –mestre e poeta–, Mini e Mero –mestres, do grupo musical A Quenlla–, X. Amancio Liñares Giraut –director editorial de 3C3– e o propio autor.
Arquivos da etiqueta: Avelino Pousa Antelo
Premio Alta Capacidade Galega 2009 para Avelino Pousa Antelo
A Asociación de Altas Capacidades de Galicia vén de facer público o fallo do seu Premio Alta Capacidade Galega 2009, que recaeu nas persoas de D. Ángel Carracedo Álvarez e D. Avelino Pousa Antelo. O acto terá lugar o sábado 10 de outubro, ás 12h, no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago (Campus Sur), e contará coa actuación musical de Emilio Cao e con presentación do Profesor Jorge Mira.
A Coruña: David Otero presenta un libro sobre Alexandre Bóveda
O xoves 21 de maio ás oito da tarde na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (na Rúa Olmos) preséntase o libro Alexandre Bóveda, na demanda de restauración, escrito por David Otero e editado por Laiovento. Participarán no acto Pancho Pillado, Avelino Pousa Antelo, Xosé Luís Bóveda, Xoán Xosé Abella e Mini e Mero. A entrada é libre.
Homenaxe a Avelino Pousa Antelo
O vindeiro 14 de maio váiselle tributar en Santiago unha homenaxe a Avelino Pousa Antelo por mor do seu 95 aniversario. Durante o acto presentarase o libro-DVD Lembranzas e reflexións de Avelino Pousa Antelo. Será no Teatro Principal ás 20:30, e nel intervirán ademais do homenaxeado Mini e Mero, David Otero e Xan Leira.
Os XVI Encontros na Terra Cha homenaxean Antom Santamarina
«Guitiriz acolle o vindeiro 5 de setembro o XVI Encontros na Terra Cha, que este ano están dedicados a Antón Santamarina, primeiro presidente das Mocedades Galeguistas de Bos Aires. Alí reuniranse escritores, entre eles, Xavier Alcalá ou Xosé Martínez Romero e históricos galeguistas como Avelino Pousa Antelo, recentemente premiado co Ramón Piñeiro ‘Facendo país’ e Antón Moreda. […]» (A Nosa Terra)
Avelino Pousa Antelo gaña o Premio Ramón Piñeiro “Facer país”
«O xurado tivo que valorar as corenta candidaturas presentadas, e escolleu ao galeguista Pousa Antelo pola súa “entrega permanente ó país como galeguista, docente, cooperativista, escritor, político e animador cultural”. Agora, a organizadora do premio, a Asociación Val de Láncara, preparará os actos de homenaxe ao gañador.» (culturagalega.org)