Arquivos da etiqueta: Axóuxere Editora
Pontevedra: presentación de Impulsos creativos
Pontevedra: conversa arredor de Orfeo canta, de Roberto Abuín
Compostela: presentación de Orfeo canta, de Roberto Abuín
Tabela dos libros. Outubro de 2018
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Co primeiro luns de mes, chega a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”
Porto: Manuel Cebral Loureda presenta Teoria da imagem
Rianxo: convocatoria para residencia de pensadores e pensadoras (verán 2018)
Rianxo: convocatoria para residencia de escritores e escritoras (verán 2018)
Resolución da convocatoria para as Residencias de primavera do 2018
Desde Cultura Galega:
“A editora Axóuxere e mais o Concello de Rianxo fallaban o pasado 1 de marzo a súa convocatoria de residencias de primavera para escritores e escritoras e pensadores e pensadoras. Aínda que o chamamento prevía acoller unicamente unha persoa en cada unha destas categorías, finalmente serán tres os proxectos que se desenvolverán na sede desta iniciativa na aldea de Brión (Rianxo). No apartado literario, foron seleccionados a cubana Jamila Medina Ríos coa súa “proposta narrativa vencellada cunha exploración alicerzada nun diálogo coa tradición psicanalítica e as literaturas ligadas á exploración do inconsciente, buscando espazos de iluminación e coñecemento nas fendas internas que nos compoñen” e mais Keith Payne, de Irlanda, “coa proposta de elaboración dun longo poema narrativo conectado, estilística e conceptualmente, coa xinea dos seanchaí gaélicos, a antiga tradición dos bardos irlandeses errantes”.
No apartado de pensamento o xurado seleccionou a proposta do galego Guillermo Rodríguez Alonso para desenvolver unha investigación “arredor dunha ontoloxía poshumana na que o pensar se realice na encarnación práxica dunha forma de vida alonxada da violencia metafísica dos dispositivos de poder modernos, tentando atopar devires alternativos para un ser posible e por vir”.
A organización destacou a variedade e a alta calidade das propostas recibidas desde diferentes países e lembra que está aberto ata o 15 de marzo o prazo de presentación de propostas para a convocatoria de residencias de verán.”